Matías Vesprini regresa ao Compos e completa o plantel

  • O central zurdo chega cedido do CD Lugo, como hai un ano, por unha tempada

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2021

Matías Vesprini Pérez (27/02/00) regresa á SD Compostela. O mozo central zurdo, que tamén pode actuar como lateral, era a peza desexada pola dirección deportiva para completar o plantel e, ao final, púidose cristalizar a operación. Como hai un ano, chega en calidade de cedido, por unha tempada, dende o Club Deportivo Lugo.

O prometedor defensor arxentino achegará ao plantel unha polivalencia moi valorada polo corpo técnico, ademais da súa destacada rapidez nos lances defensivos, poderío aéreo e a súa gran saída de balón.

Matías chega á capital galega tras realizar a pretempada co primeiro equipo do Lugo, disputando minutos en numerosos amigables, e tras entrar na convocatoria das dúas primeiras xornadas da Liga SmartBank. Por iso, sumarase con carácter inmediato aos adestramentos dirixidos por Rodri.

Na súa anterior etapa como xogador branquiazul, o curso pasado, Matías disputou sete encontros, seis deles coma titular, vivindo así o seu debut na Segunda B. Así mesmo, dende o principio, encaixou á perfección no grupo coa súa gran personalidade.

Coa súa fichaxe, Rodri dispón de vinte xogadores para disputar a tempada 2021/22 na Segunda RFEF: Pato Guillén, Borja Rey, Saro, Álvaro Casas, Joel, Guille Torres, Matías, Jimmy, Samu, R. Baleato, Pablo Antas, Jordan, Fer Beltrán, Josiño, Rafa Mella, Juan Manuel Parapar, Antonio Salado, Pablo Durán, Escudero e Primo.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado