Matías Vesprini: “Queremos acabar ben diante da nosa xente”

  • O defensa lamenta o vivido nas dúas últimas xornadas, pero asegura que o equipo seguirá competindo

Santiago de Compostela, a 28 de Abril de 2021.

Despois das dúas últimas xornadas, a SD Compostela quedouse sen opcións de pelexar pola Primeira RFEF, unha circunstancia que non variou a maneira de traballar nin as gañas e ilusión que ten este grupo por competir. Así o asegura un deles, Matías  Vesprini, quen apunta que o equipo quere acabar ben diante da afección, na que será a despedida dunha gran tempada no fortín.

Acabar ben. Hai rabia, porque son cousas que ninguén viu, pero non só os penaltis. Sentimos que foi moi inxusto o que pasou, pero queremos acabar ben diante da nosa xente. Queremos acabar o mellor posible nestes dous partidos que quedan.

Estado físico. Quédanos mal sabor de boca co que podería pasar. Ademais, nesta segunda fase, o equipo está tamén un pouco máis canso, porque a competición é máis esixente que o ano pasado e tamén o estamos notando.

As lesións. O tema das lesións é algo que nos prexudicou bastante ao longo do ano. Ao ser tan rápido e intenso o formato, cunha fase de dezaoito partidos, que é como unha recta final dunha tempada normal, esíxeche moito semana tras semana e iso nótase.

O camiño do equipo. O partido que nos marca o camiño é o do Celta B, porque dominamos durante oitenta minutos e marcáronnos os primeiros dez. Viamos a posibilidade de meternos entre os tres primeiros e logo tivemos un pequeno baixón. Con todo, vendo estes últimos partidos, está a demostrarse que o equipo nunca baixou os brazos.

Traballamos coa mesma ilusión. O competir cada día sae de cada un de nós, cada día queremos mellorar máis, queremos acabar ben, gañar os dous partidos que quedan e iso fai que o ritmo de adestramento non baixe, xa que temos as mesmas gañas e traballamos coa mesma ilusión.

Situación persoal. Foi un ano no que xoguei pouco, menos do que agardaba, o cal foi complicado para min, pero de todo se aprende. Neste ano coñecín a xente marabillosa que me axudou moitísimo e aprendín moito estando aquí. A partir de aí, teño contrato en Lugo, e no verán veremos o que pasa.

O Lugo. É un tema delicado, pero van dous anos que viven unha situación parecida, pero creo que o van a conseguir. Teñen que soltarse e confiar neles.

Matías Vesprini con Pablo Baltar Matínez de la Riva, en Clínica Baltar, patrocinador do xogador.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado