Mario Rodríguez, novo reforzo para o ataque da SD Compostela

29 de Xullo de 2022
  • O atacante, con ampla experiencia en Segunda B, firma por unha tempada
  • Chega dende o Atlético Levante, onde disputou a segunda volta da pasada campaña

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2022

Mario Rodríguez Ruiz (Barcelona, 03/03/1997) é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 22/23. O atacante barcelonés, con ampla experiencia na Segunda División B, chega desde o Atlético Levante, conxunto co que disputou a segunda volta do pasado curso, e firma por unha campaña.

Mario Rodríguez destaca por ser un xogador habilidoso e polivalente, que pode actuar tanto en ambos extremos como de mediapunta. Ademais, é un futbolista de enorme talento e calidade, cun gran último pase, características que chamaron a atención da dirección deportiva do club para afrontar a súa fichaxe. Do mesmo xeito, aválao a súa gran traxectoria futbolística, chegando a debutar mesmo en Primeira División co Granada.

Formado nas categorías inferiores do Real Madrid, xogando a UEFA Youth League e sendo convocado durante a súa etapa de formación pola Selección Española Sub16, comezou a súa carreira deportiva no Castilla, no seu último ano como xuvenil. Alternando o División de Honra co filial, disputou 15 partidos en Segunda B, cinco deles como titular.

Ao seu paso a sénior, marchouse cedido ao C.E. Sabadell, tamén en Segunda B, onde disputou vinte partidos, seis como titular. Tralo seu periplo en terras catalás, desvinculouse do Real Madrid e fichou polo C. F. Peralada, tamén do Grupo III de 2ªB, xogando 29 encontros, dezanove de inicio, e marcando dous goles.

Ese gran rendemento chamou a atención do Granada, que o recrutou para o seu filial, do Grupo IV da Segunda B. Na tempada disputou 27 partidos, vinte e catro como titular, anotando catro goles e repartindo varias asistencias, un nivel que tivo como premio o seu debut, o 1 de xullo de 2020, en Primeira División. Saltou ao campo nos últimos minutos do partido que gañou o Granada contra o Alavés, en Mendizorroza, selando a súa permanencia. Ademais, estivo gran parte do curso en dinámica do primeiro equipo, sendo convocado en dezaseis encontros, e disputando tamén ao completo a primeira rolda da Copa do Rey.

Tras o seu paso por terras andaluzas asinou no Warta Poznań da Primeira División de Polonia, conxunto no que estivo un ano e medio. No seu primeiro curso xogou catorce partidos, un de Copa, anotando un tanto, mentres que na primeira metade do pasado ano disputou dezaseis encontros. Con todo, no mercado invernal rescindiu o seu contrato e chegou ao filial do Levante UD, da Segunda RFEF, participando en oito partidos, todos como titular, e marcando dous goles.

En total, aos seus 25 anos, acumula 91 partidos en Segunda B, oito en Segunda RFEF e 29 na liga de Polonia, así como o seu citado debut na Primeira División e na Copa do Rey, cifras que seguirá incrementando na capital galega.

Coa súa chegada, a SD Compostela 22/23 conta con dezaseis xogadores do primeiro plantel con contrato: Pato Guillén, Borja Rey, Roque, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián Canedo, Martín Salvador, Pablo Antas, Samu, Mario, Fer Beltrán, Jordan, Mario Rodríguez, Cano, Parapar e Pablo Durán. Trala súa firma, o atacante sumarase aos adestramentos o próximo luns.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.