Manu Castiñeiras asume a Dirección Deportiva da SD Compostela

  • Tras unha tempada de transición na que colaborou de xeito moi activo, a directiva nomeouno Director Deportivo da entidade.

Santiago de Compostela, a 31 de Maio de 2017.

A Xunta Directiva da SD Compostela decidiu nomear a Manuel Castiñeiras como Diretor Deportivo do club, tras a labor desenvolvida por el nesta pasada tempada, curso de transición no que se acadaron os obxetivos previstos, e na que Casti xogou un papel fundamental.

Trala incorporación dun novo corpo técnico en xullo de 2016 e un plantel con 20 xogadores novos, a xunta directiva da SD Compostela conclúe que para satisfacer os obxetivos foi trascendente o traballo na sombra de Casti, quen aportou experiencia, coñecemento e pausa nunha tempada difícil, dando ese punto de tranquilidade necesario nos momentos máis complexos.

Ademáis de todo o anteriormente exposto, e seguindo instruccións da Xunta Directiva, Casti foi preparando a tempada 2017-2018 dende o mes de xaneiro, tendo a día de hoxe un amplio coñecemento das necesidades do equipo, así como unha importante lista de posibles incorporacións naquelas posicións nas que o corpo técnico considera necesario que haxa reforzos.

Casti, que a día de hoxe xa representa una auténtica institución no club santiagués, destacou tamén polo seu bo trato cos xogadores, así coma co corpo técnico, pois todos eles veno como a referencia a nivel deportivo no Compos, e un gran exemplo a seguir. O ex-central, tras xogar en equipos coma o Eibar, Tenerife, Racing de Ferrol e Cerceda, elexiu a súa casa para rematar a súa carreira deportiva, acadando dous ascensos nesa última etapa. A maiores, escolleu o conxunto da súa vida para iniciar a súa carreira nos despachos, e é un home moi querido por todos os estamentos da entidade.

Dende o club queremos trasladarlle o máximo agradecemento pola súa desinteresada contribución nos últimos meses e desexarlle toda a sorte do mundo na súa nova andanza, pois a sorte de Casti será, en gran medida, a sorte do Compos.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado