Mañá comeza a entrega de entradas para o #ComposCoruxo

  • Os abonados que non asistisen ao partido anterior terán preferencia ata o martes ás 20.00 horas

Santiago de Compostela, a 21 de Xaneiro de 2021.

Mañá venres, 22 de xaneiro, ás 11.00 horas comezará a repartición de entradas aos abonados e abonadas da SD Compostela para o partido do próximo domingo, no Estadio Verónica Boquete, contra o Coruxo FC. Para o derbi galego, aqueles abonados que non asistisen ao anterior encontro terán preferencia para retirar a súa entrada.

Deste xeito, e ata un máximo de 500 persoas, só os abonados que non retirasen a súa entrada para o duelo contra o Unionistas poderán collela para este próximo partido contra o Coruxo este venres, o luns e o martes, ata as 20.00 horas.

No caso de que non se completasen as 500 entradas, e sempre que non varíen as restricións de aforos, a partir do mércores 27 de xaneiro poñeríanse á disposición do resto de abonados.

En todo caso, o club lembra que debido ás restricións que imperan na nosa comunidade, só poden acudir ás oficinas e ao Estadio os que residan en Santiago.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado