Los Ángeles Gas estivo a apoiar un ano máis ao Compos e aos seus abonados

  • O grupo de gasolineiras ofrece un desconto directo aos abonados do club en cada repostaxe, completando a solicitude que se achega

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2021

Unha tempada máis, o grupo Los Ángeles Gas estivo acompañando o proxecto da SD Compostela, renovando o seu compromiso co club no seu regreso á Segunda División  B e alegrando aos abonados que, aínda sen poder ir ao Estadio Verónica Boquete de San Lázaro en boa parte da tempada, pódense beneficiar do desconto que ofrecen en cada repostaxe.

Froito dese compromiso, o capitán, Álvaro Casas, e o director de marketing e desenvolvemento de negocio, Javier Puñal, visitaron a Estación de Servizo de LAG no Polígono de Costa Vella para recoñecer o apoio da marca coa entidade compostelanista.

Neste apoio, LAG ofrece un desconto inmediato de 0,03 céntimos de euro por litro enchido nas súas estacións. Un desconto que sobe a 0,06 céntimos de euro no caso dos carburantes mellorados. Do mesmo xeito, se se desexa, pódese recibir a factura da subministración de forma automática, no momento ou ben a final de mes, tanto en formato papel como en dixital.

Nas estacións GALP, o desconto inmediato LAG sería acumulable ao que se realiza ao formalizar o pago a través de entidades bancarias coas que a petroleira ten acordos.

Para beneficiarse deste aforro inmediato cada vez que encha combustible, débese completar a solicitude que pode descargar ao final desta noticia, que tamén ten nas estacións do grupo LAG, a través do correo comunicacion@losangelesgas.es, ou solicitando o documento nas propias oficinas da SD Compostela.

Unha vez entregado este documento e dado de alta na base de datos LAG (cumprindo coa LEI de protección de datos), comezará a beneficiarse do desconto de ata 0,06 céntimos.

Los Ángeles Gas

Ademais, nas estacións de Los Ángeles Gas dispoñerá de subministración de todos os carburantes (incluído GLP, LAGBlue ou recarga eléctrica) e áreas de lavado. Contan así mesmo con espazo de supermercado, con produtos de tempada e cafetería. Todo iso da man de persoal cualificado e atención personalizada. Do mesmo xeito, realiza distribución de gasóleo e LAGBlue a domicilio, dando resposta en menos de 24 horas laborables.

Poderá beneficiarse destes descontos nas seguintes gasolineiras do grupo LAG: E.S. Manzaneda, S.A. Los Ángeles (Estr. Santiago-Noia, km.12); Gasóleos Compostela 2000, Sl. El Pilar (Avda. Juan Carlos I, Santiago); E.S. Compostela, S.L. (Rúa Amio, Polígono Costa Vella); E.S.  Lapido, S.L. (Estr. Santiago-Noia, km.7,5); E.S. Sigüeiro, S.L.U. (Estr. N-550, km.51); É. Santa Comba L.A. G. Xallas, S.L. (Avda. De Brasil); E.S. Aeroporto-Santiso, S.L. (Estr. N-634, Curtis); E.S. Fontefría (Estr. Santiago-Noia, km.23); E.S.  LAG Méndez Núñez, S.L. (Avda. Alférez Provisional, nº10, A Coruña); e E.S. LAG Oleiros, S.L. (Avda. das Mariñas, Perillo).

SOLICITUD DESCONTO ABONADOS SD COMPOSTELA EN LAG

Álvaro Casas (esq.) e Javier Puñal, con Ana Parra, responsable de comunicación de Los Ángeles Gas.

 

Compartir en Redes Sociales

Relacionado