Los Ángeles Gas e SD Compostela seguen colaborando con axudas para os abonados

  • O grupo de gasolineiras ofrece un desconto directo aos abonados do club en cada reposición, completando a solicitude que se achega

Santiago de Compostela, a 2 de Febreiro de 2021.

Dentro do patrocinio que, unha tempada máis, selaron Los Ángeles Gas e a SD Compostela, o grupo de gasolineiras da compañía galega ofrece aos abonados do club a posibilidade de aforrar en cada visita a algunha das súas estacións.

Así, LAG mantén o seu apoio ao Compos, volvendo estar presentes no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, así como apoiando activamente ao equipo Prebenxamín A, portando a súa imaxe no seu equipamento en canto volvan a competir polos terreos de xogo de Santiago e comarca. “É unha aposta pola SD Compostela, pero sobre todo polo deporte en todas as súas categorías”, explican desde a compañía.

Para completar o apoio, LAG ofrece un desconto inmediato de 0,03 céntimos de euro por litro enchido nas súas estacións. Un desconto que sobe a 0,06 céntimos de euro no caso dos carburantes mellorados. Do mesmo xeito, se se desexa, pódese recibir a factura da subministración de forma automática, no momento ou ben a final de mes, tanto en formato papel como en dixital.

Nas estacións GALP, o desconto inmediato LAG sería acumulable ao que se realiza ao formalizar o pago a través de entidades bancarias coas que a petroleira ten acordos.

Para beneficiarse deste aforro inmediato cada vez que encha combustible, débese completar a solicitude que pode descargar ao final desta noticia, que tamén ten nas estacións do grupo LAG, a través do correo comunicacion@losangelesgas.es ou solicitando o documento nas propias oficinas da SD Compostela.

Unha vez entregado este documento e dado de alta na base de datos LAG (cumprindo coa LEI de protección de datos), comezará a beneficiarse do desconto de ata 0,06 céntimos.

Los Ángeles Gas

Ademais, nas estacións de Los Ángeles Gas dispoñerá de subministración de todos os carburantes (incluído GLP, LAGBlue ou recarga eléctrica) e áreas de lavado. Contan así mesmo con espazo de supermercado, con produtos de tempada e cafetería. Todo iso da man de persoal cualificado e atención personalizada. Do mesmo xeito, realiza distribución de gasóleo e LAGBlue a domicilio, dando resposta en menos de 24 horas laborables.

Poderá beneficiarse destes descontos nas seguintes gasolineiras do grupo LAG: E.S. Manzaneda, S.A. Los Ángeles (Estr. Santiago-Noia, km.12); Gasóleos Compostela 2000, Sl. El Pilar (Avda. Juan Carlos I, Santiago); E.S. Compostela, S.L. (Rúa Amio, Polígono Costa Vella); E.S.  Lapido, S.L. (Estr. Santiago-Noia, km.7,5); E.S. Sigüeiro, S.L.U. (Estr. N-550, km.51); É. Santa Comba L.A. G. Xallas, S.L. (Avda. De Brasil); E.S. Aeroporto-Santiso, S.L. (Estr. N-634, Curtis); E.S. Fontefría (Estr. Santiago-Noia, km.23); E.S.  LAG Méndez Núñez, S.L. (Avda. Alférez Provisional, nº10, A Coruña); e E.S. LAG Oleiros, S.L. (Avda. das Mariñas, Perillo).

SOLICITUD DESCONTO ABONADOS SD COMPOSTELA EN LAG

Compartir en Redes Sociales

Relacionado