Lorenzo non continuará a próxima tempada

Marcha-Lorenzo

  • O club agradécelle o traballo ao porteiro e capitán, tanto dentro como fóra do campo

Santiago de Compostela, a 21 de Xuño de 2019.

Lorenzo Riveiro Oliveira non seguirá na SD Compostela a próxima tempada ao non ofrecerlle o club a renovación. Tras dous anos e medio no plantel nesta segunda etapa, nos que demostrou de novo o seu gran facer, tanto dentro como fóra do campo, a entidade quere agradecerlle todo o seu esforzo e deséxalle a maior das sortes para o seu futuro.

O porteiro regresou ao Compos no mercado invernal do 2016, trala súa primeira experiencia na campaña 13/14, e desde aquela asentouse no conxunto branquiazul baixo a dirección de Yago Iglesias, disputando un total de 34 encontros, todos eles como titular, sendo ademais nomeado polos seus compañeiros como un dos capitáns da tempada recentemente terminada.

Por todo iso, reiterámoslle o noso máis sincero agradecemento e podemos asegurar que alá onde vaia se atoparán cun gran xogador, pero tamén cunha magnífica persoa. Moitísimas grazas, Loren.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado