Josiño non continuará na SD Compostela

  • O mediapunta de Beluso deixa o club tras catro tempadas e 105 partidos

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2022

José Filgueira Pazos, ‘Josiño’, non continuará na SD Compostela a próxima tempada, tras non aceptar a oferta de renovación realizada polo club. O mediapunta de Beluso, despois de catro tempadas, deixa a capital galega cunha bagaxe de 105 partidos disputados e un ascenso a Segunda División B, categoría na que debutou co conxunto branquiazul.

Durante a súa etapa como compostelanista, Josiño demostrou as súas grandes calidades na zona de ataque, cun desequilibrio que fixo as delicias da bancada. Os máis de cen encontros xogados coa camiseta branquiazul dividíronse en dúas campañas en Terceira, unha na división de bronce e outra en Segunda RFEF. Neles, ademais, anotou nove goles e repartiu máis dunha decena de asistencias.

A SD Compostela quere agradecer a Josiño todo o seu traballo, compromiso, entrega e dedicación nestes anos, desexándolle a maior das sortes e dos éxitos para os seus proxectos de futuro.

Moitas grazas, Josiño!

Compartir en Redes Sociales

Relacionado