Josiño Filgueira seguirá coa súa proxección no Compos

Renovación-Josiño-Twitter

  • O mediapunta amplía un ano o seu contrato e cumprirá a súa segunda tempada no club

Santiago de Compostela, a 22 de Xuño de 2019.

Josiño Filgueira seguirá ás ordes de Yago Iglesias na tempada 2019/20. O mediapunta de Bueu amplía o seu contrato por un ano e cumprirá a súa segunda campaña como branquiazul, na que agarda seguir coa súa proxección e axudar ao equipo no seu camiño á Segunda División B.

Na súa primeira tempada como compostelanista, despois de chegar procedente do Ribadumia, Josiño participou en 34 encontros, dezaseis deles desde o once inicial, para un total que supera os 1.500 minutos de xogo. Ao final da campaña, ademais acabou celebrando catro goles, tres en liga e un máis na Copa Deputación.

Para o canteirán do Pontevedra e do Deportivo, aos seus 22 anos, será a súa cuarta campaña na Terceira División, categoría na que acumula xa 93 partidos de liga, nos que logrou dezaseis goles e numerosas asistencias.

Con esta nova renovación, Yago Iglesias conta xa coa metade do plantel para o próximo curso con dez xogadores. Seguirán Alberto Freire, Álvaro Casas, Álvaro Naveira, Jorge Queiruga, Mon, Samu, Saro e Sergio Pereira, aos que se suma a fichaxe de Gabri Palmás.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado