Josiño, debut en Segunda B e renovación por dous anos

  • O mediapunta estrearase na división de bronce coa SD Compostela, na que cumprirá a súa terceira campaña

Santiago de Compostela, a 8 de Agosto de 2020.

A bancada do Vero Boquete de San Lázaro gozará en Segunda B das diabluras de Josiño Filgueira. O mediapunta de Beluso debutará na categoría de bronce do fútbol nacional co Compos e farao cunha renovación do seu contrato por dúas tempadas.

Deste xeito, a SD Compostela asegúrase a continuidade dun futbolista desequilibrante, un xogador diferente que causa estragos nas defensas rivais e que foi de menos a máis no seu rendemento coa camiseta branquiauzul.

Na súa primeira campaña na capital galega, á que chegou procedente do Ribadumia, Josiño participou en trinta encontros, nos que anotou tres goles. Mentres tanto, no seu segundo ano, ata o parón da competición, disputara vinte e un partidos, trece deles saíndo de inicio, nos que anotou catro goles. Ademais, axudou saíndo dende o banco nas semifinais e na final do Playoff Exprés, sendo o autor da asistencia do terceiro gol contra o CD Barco.

Aos seus 23 anos, no que será o seu terceiro curso en Santiago, “o mago de Beluso” agarda seguir crecendo, individual e colectivamente, da man da SD Compostela.

Coa súa renovación, o Compos 20/21 conta xa con dez xogadores para a tempada do seu regreso á Segunda B: Pato Guillén, Borja Rey, Álvaro Casas, Samu, Baleato, Pablo Antas, Josiño, Juampa, Gabri Palmás e Brais Abelenda.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado