Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2022
Joel e Rafa Mella non continuarán na SD Compostela a próxima tempada, despois de que se decidise non realizarlles unha oferta de renovación. O mediocentro e extremo despídense do club tras defender a camiseta branquiazul durante dúas e unha campaña, respectivamente.
Joel deixa o Compos despois de dous cursos, o primeiro deles marcado por unha lesión de longa duración que lle impediu debutar oficialmente, mentres que no segundo disputou seis encontros, dous deles como titular.
Mentres tanto, Rafa Mella, fichado o pasado verán, asinou unha tempada en terras galegas con 33 partidos xogados, quince deles saíndo de inicio, nos que ademais marcou un gol.
A SD Compostela quere agradecer a ambos o seu traballo, dedicación e esforzo durante a súa etapa vestindo a camiseta branquiazul, desexándolles o maior dos éxitos para o seu futuro.
Moitas grazas, Joel e Rafa!
Compartir en Redes Sociales
CompartirRelacionado
© Copyright 2018 | SD Compostela
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies | Términos y condiciones de compra