Jimmy: “A xente quéreme moito e déronme ese empuxón para vir”

26 de Xullo de 2019

Presentación Jimmy 2

  • O lateral foi presentado en Cecastar, o taller da familia que apoia ao club

Santiago de Compostela, a 26 de Xullo de 2019.

Na sede de Cecascar, taller familiar da familia Seoane Mella, o mediano da saga, Óscar, máis coñecido como Jimmy, viviu a súa posta de longo na terceira etapa como xogador da SD Compostela. Acompañado polo seu irmán maior Alberto, xerente da empresa, e Javier Puñal, director de marketing do club, o lateral santiagués explicou a ilusión que lle produce volver á súa casa.

“Estou moi contento de estar aquí, espero que sexa un ano bo e oxalá esteamos o ano próximo en Segunda B. Esa é a idea”, matizou ante os medios de comunicación.

Despois de vivir os dous últimos playoffs desde a bancada, agarda que a sorte acompañe ao equipo nesta ocasión, malia que para iso aposta por quedar de primeiros. “O ideal sería quedar primeiros, porque senón dependes moitos dos cruces, pero hai que ir paso a paso porque será complicado”, detallou.

Fala de ilusión, pero tamén de prudencia, posto que a experiencia no fútbol outórgalle coñecemento de causa. “O importante é chegar ben ao final de tempada”, remarcou.

De volta no Compos, Jimmy atoparase na defensa con Saro, irmán co que nunca xogara. “Estou moi contento de vernos xuntos e máis no Compostela. Adestramos xuntos algún ano, pero esta será a nosa primeira tempada”, explicou.

Outro dos aspectos que lle motivan é o agarimo que sempre lle mostrou a afección. “A xente quéreme moito e déronme ese empuxón para vir”, comentou.

A maiores, destaca a calidade dun grupo no que atopa vellos amigos, pero tamén coñecidos a través de Saro. “Falo moito con Pato e de feito quedamos para comer moitas veces. Teño unha gran relación con el e despois tamén me falou o meu irmán do bo ambiente do grupo humano”, sinalou.

A nivel persoal, aclarou que se atopa ben, aínda que ten que coller o ritmo tras dous meses parado. “Con dous adestramentos estaba para pouco, pero para iso está a pretempada”, asegurou.

Con ganas de coller ritmo e coa ilusión dun neno pequeno, Jimmy volve ao Compos con gañas de cumprir o seu décimo ano en Segunda B no club da súa vida e na cidade que tanto adora. Nela,  tras pasar por infantís, acabou recibindo o sobrenome que o marcou para sempre. Óscar Seoane Mella pasou a chamarse Jimmy por unha gran tempada goleadora, na que o compararon co gran Jimmy Floyd  Hasselbaink.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.