Integral Motion reforza o seu compromiso coa SD Compostela

  • A empresa especializada na compra e venda de vehículos de ocasión patrocinará os pantalóns do primeiro equipo

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2022

Integral Motion, empresa especializada na compra e venda de vehículos de ocasión, reforza o compromiso coa SD Compostela, patrocinando esta tempada 2022/23 os pantalóns do primeiro equipo. A firma, con sede en Santiago de Compostela, levará a súa imaxe corporativa na parte frontal esquerda da peza.

Deste xeito, a compañía, que conta con máis de 800 vehículos en stock, aumenta o seu apoio ao proxecto da SD Compostela, un patrocinio que desde o club queremos agradecer, desexando que dita vinculación se siga prolongando no tempo.

Cabe lembrar que Integral Motion (www.integralmotion.es), con concesionarios en Santiago, A Coruña, Ferrol, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Madrid, ofrece ao seu compradores financiamento inmediato e recollida do vehículo.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado