Inscrición para a viaxe en autobús e entradas anticipadas para o derbi nas Oficinas e na Tenda

  • O prazo para conseguilas remata o 2 de decembro ás 20.00 horas // O prezo do autocar é de 8€ e das entradas 15€ (Xeral) e 5€ (Sub15)

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2021

Xa temos aquí as entradas anticipadas para o derbi deste domingo, 5 de decembro (17.00 horas), contra o Arosa SC. Dende xa, pódense conseguir nas Oficinas do Club ou na Tenda Oficial, así como inscribirse para o autobús que se porá a disposición dos afeccionados compostelanistas para desprazarse ata Vilagarcía. O prezo do autocar é de 8€, mentres que as entradas custan 15€ (Xeral) e 5€ (Sub15), todas elas para a bancada de Preferencia do Estadio da Lomba, onde estarán situados os nosos siareiros.

Tanto para mercar as entradas anticipadas como para reservar a praza no autobús do club, o prazo finaliza este xoves 2 de decembro ás 20.00 horas e está dispoñible tanto nas Oficinas como na Tenda (Rúa da Raíña, 8).

Recordade que o horario da Oficina é de 10.00 a 13.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas. Mentres tanto, o establecemento da zona vella está aberto este martes, mércores e xoves das 12.00 ás 15.00 e das 17.00 ás 20.30 horas.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado