Inicio da segunda fase con empates

  • Sigüeiro e Zona Vella igualaron 1-1 no seu debut da liguiña de ascenso

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2022

A xornada para os equipos de fútbol-11 da SD Compostela deixou un sabor agridoce, con dous empates e dúas derrotas, que non mostran os merecementos dos branquiazuis nos seus partidos. As citadas dúas igualadas chegaron na estrea da segunda fase para os equipos filiais, nos que ambos buscarán o ascenso.

Xuvenil A

O Xuvenil A da SD Compostela, por primeira vez na tempada, sufriu dúas derrotas consecutivas, tras caer 4-3, nun duelo moi aberto, contra o ED Val Miñor. Os branquiazuis puxéronse ata dúas veces por diante no marcador, a última delas na segunda metade, pero os de Nigrán remontaron.

No desenvolvemento do encontro, os locais adiantáronse no 17, vantaxe, neutralizada primeiro, co tanto de Remuiñán no 20 e remontada, no 38, co primeiro gol da mañá para Nico Fernández. Con todo, na última acción da primeira metade, empataría o Val Miñor. Xa na segunda metade, volveron saír ben os compostelanistas, como quedou patente co dobrete de Nico, no 50. Con todo, novamente, un gol no 65 e outro no 87, facían que os tres puntos quedasen na casa.

A pesar das dúas derrotas, os branquiazuis seguen asentados na zona tranquila da táboa da División de Honra, no oitavo posto. Os nosos tentarán deixar atrás esta dinámica, a próxima fin de semana, na casa, contra o Ural.

Sigüeiro FC

Na loita polo ascenso a Terceira RFEF, o Sigüeiro estreouse na casa cunha igualada 1-1 contra o Atlético Coruña Montañeros, nunha primeira xornada marcada pola igualdade entre todos os contendentes.

No Lino Balado, nun duelo marcado por unha longa interrupción como consecuencia da lesión do árbitro, os coruñeses adiantáronse no luminoso ao comezo, pero a vantaxe foi neutralizada rapidamente polos compostelanistas. Despois, trala continuación do xogo, a contenda xa non se moveu, polo que os nosos seguen a dous puntos das dúas prazas que outorgan o premio.

SD Compostela B

O filial compostelanista, na súa estrea na fase de ascenso, empatou 1-1 na súa visita ao Rodeiro. Os branquiazuis estiveron moi preto da vitoria, pero un tanto dos locais no tempo de desconto, evitou o triunfo. O gol de Manuel Insúa, no 41, non foi suficiente para sumar os tres puntos.

Cadete A

Non tivo tanta sorte, no seu debut na fase de permanencia, o Cadete A, que deu a cara na súa difícil visita ao campo do Bertamiráns, pero acabou caendo por 2-1. Gonzalo Domingo adiantou aos branquiazuis no 7, pero chegou a remontada na segunda metade cun dobrete de Álvaro, anotando o último gol a dous minutos para concluír a contenda. Os nosos terán que seguir pelexando para aguantar a categoría.

O resto da xornada en Fútbol-11 deixounos os seguintes resultados e así marchan as súas respectivas clasificacións.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado