III Campus de Nadal da SD Compostela

  • Realizarase o 23, 24 (só de mañá), 26 e 27 no Pavillón de Fontiñas

Santiago de Compostela, a 3 de Decembro de 2019.

Xa está en marcha o terceiro Campus de Nadal da SD Compostela. Esta nova edición realizarase os vindeiros 23, 24 (só de mañá), 26 e 27 de decembro no Pavillón Municipal Polideportivo de Fontiñas. Destinado a nenos e nenas de entre 4 e 11 anos, contará coa opción de escoller o réxime de xornada completa (das 10.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 19.00), agás a citada xornada, ou de media, con só a matinal ou só a tarde.

Para formalizar a inscrición, os interesados deben cubrir a súa solicitude nas oficinas do club, no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, ou ben enviándolle un mail ao noso correo electrónico: sdcompostela@sdcompostela.com. Tamén se contempla a posibilidade de facelo a través do teléfono 981 57 70 41 (de 10.00 a 13.00 ou de 16.00 a 20.00). O prazo para apuntarse remata o próximo xoves 12 de decembro.

Os prezos para o día completo son: Xeral 90€; abonados/as ou fillos/as de abonados/as 70€; irmás/áns de inscritas/os 70€; e rapaces ou rapazas da nosa canteira ou dos clubs con convenio co Compos 60€.

Mentres, para a media xornada son: Xeral 50€; abonados/as ou fillos/as de abonados/as 45€; irmás/áns de inscritas/os 45€; e rapaces ou rapazas da nosa canteira ou dos clubs con convenio co Compos 40€.

A actividade estará dirixida por técnicos con titulación e con experiencia en accións deste tipo coa nosa entidade. Ademais, os proxenitores que así o desexen terán a posibilidade de levalos con anterioridade ou recollelos pasada a hora de remate, co gallo de axudar á conciliación familiar. Do mesmo xeito, no tempo do almorzo, distintas personalidades visitarán aos cativos e cativas, participando con eles nalgúns exercicios e xogos.

O patrocinador principal será, unha vez máis, Segundo Rey SL, mentres que case unha decena de empresas colaborarán tamén no bo devir do Campus: Kia Compostela Concesionario, Gadis, Halé Shop, Aguas de Sousas, Errea, Lambonadas, Concello de Santiago, Armesa e Gráficas Alonso.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado