Yago Iglesias: “A idea é saír aos campos a dominar os partidos”

Captura de pantalla 2016-06-22 a la(s) 14.00.39

Antonio Quinteiro, Yago Iglesias e Javier García durante a rolda de prensa.

  • O novo adestrador afrontará un proxecto renovado, no que se pretende dar valor aos xogadores novos e da casa.

Santiago de Compostela, a 22 de Xuño.

Antonio Quinteiro, presidente da SD Compostela, e Javier García Vázquez, vicepresidente da entidade, deron a benvida ao novo adestrador do equipo, Yago Iglesias, nunha rolda de prensa celebrada esta mañá na sala de trofeos do club compostelán.

O máximo dirixente agradeceu tanto a Yago, que sempre foi a primeira opción da SD como adestrador para esta campaña, como ao seu antigo equipo, o Noia CF, polas facilidades para a súa contratación.

O técnico santiagués, ao que o presidente considerou como un adestrador novo pero con moita capacidade de traballo, terá nas súas mans un proxecto de futuro, no que se tentará explotar as condicións futbolísticas dos xogadores que poidan fichar.

“O Compostela ten que apostar polo futuro, pola xuventude, polos valores deportivos e humanos que temos en Santiago e en Galicia”

Contará coas esixencias que provoca unha entidade coma a da capital de Galicia, coa súa historia e a súa afección, pero sempre pensando que os resultados teñen que vir a medio ou largo prazo, sen présa.

Ademais, tamén contará co apoio dunha comisión deportiva, formada polos membros da base, Javier Bellido e Juanmi, e a colaboración de Manu Castiñeiras.

No mesmo senso marcado polo presidente mostrouse o novo adestrador da SD.

“A comisión deportiva púxose en contacto comigo o luns e xa me transmitiron os obxectivos do club de apostar por un proxecto a medio ou largo plazo, con xente nova e próxima a cidade”

Yago Iglesias, seguidor do Compos dende pequeno, cando ocupaba a grada sur de San Lázaro nos partidos de Primeira División, considerouse como un técnico novo, con moita ilusión, humildade e ganas de transmitir moito traballo aos xogadores.

“Parto coa idea de que o Compostela será o referente da categoría, vai a ser o equipo ao que todos vaian a seguir. Por iso, este club ten que ter unha seña de identidade clara.  Temos que partir coa idea de saír aos campos a dominar os partidos”.

Con este obxectivo, tanto adestrador como presidente coincidiron na necesidade de atopar aos mellores xogadores posibles, pero sempre dentro das posibilidades económicas da entidade.

Dentro desta lista, tanto Antonio como Yago pretenden que se manteñan os xogadores da casa que xa estaban a tempada pasada. Futbolistas como Jimmy, Mon, Jordan, Josu o Catú.

O presidente resaltou que todos eles teñen o coñecemento do club de que queren que sigan na entidade, e que se reunirán a vindeira semana. Mentres que o adestrador mostrou o seu desexo de que continúen na SD.

“A nosa idea é contar con xente nova, pero experimentada na categoría, ou ben xuntar xogadores máis veteranos cos novos para que teñamos ese empaque necesario para competir en Terceira. É por iso, que se estes xogadores seguen no club, o equipo terá moito andado. Sabemos que teñen ofertas, pero se continúan faremos porque sexan o estandarte desta nova andaina”

Compartir en Redes Sociales

Relacionado