Hugo Sanmartín: “É unha honra xogar nesta institución”

9 de Xullo de 2019

Presentación Hugo

  • O atacante foi presentado ante os medios e comentou que lle encanta o plantel que se está formando

Santiago de Compostela, a 9 de Xullo de 2019.

Esta tarde, na sala de trofeos do Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Hugo Sanmartín Delgado foi presentado ante os medios de comunicación como novo xogador da SD Compostela. O atacante, acompañado por Ramón Castro, director das relacións institucionais, valorou a aposta do club e o seu desexo de formar parte do plantel que se está conformando.

“É unha das institucións máis importantes a nivel galego. Levo uns anos querendo xogar aquí e por fin me chegou a oportunidade. É toda unha honra”, sinalou nas súas primeiras declaracións.

Por este motivo, a Hugo non lle custou decidirse pola oferta presentada polos branquiazuis. “Aposto por algo ambicioso, que xera ilusión a toda a xente de Santiago e iso non hai diñeiro que o pague”, explicou un atacante que viviu desde a bancada os últimos playoffs do Compos.

Como espectador, comentou que ao equipo faltoulle un pouco de veteranos, fundamento que agarda achegar aos seus novos compañeiros. “Quizais faltou algo de experiencia á hora de xestionar certos momentos, pero coa xente nova que había o que lograron foi extraordinario. Agora, cos que chegamos, con futbolistas como Baleato ou Rodri, esperamos achegar iso que necesitaba o equipo”, analizou.

Ademais, Hugo quere aportar ao grupo, tanto dentro como fóra do terreo de xogo. “Todos os goles ou asistencias que poida dar, benvidas sexan, pero cando non me toque xogar tamén axudarei noutras facetas”, advertiu.

Dentro do  tapete, prefire partir a pé cambiado, malia que a estas alturas considera que o importante é xogar. “A banda cambiada podo xerar máis ocasións, pero estando nun equipo que chega tanto arriba, a través do intercambio de posicións e a versatilidade que lle gusta a Yago, non terei ningún tipo de problema”, argumentou.

Precisamente, co técnico, foi co primeiro en falar, unha conversación na que valoraron a idea de traballo, algo que non era novo para el. “Teño excompañeiros que seguen aquí, como Miki, e xa me contaban como se entende o fútbol e como é o día a día, o cal é moi importante”, informou.

Para eses dez meses de convivencia, Hugo séntese encantado coa calidade dos xogadores que conforman o plantel. “Encántame. Cando xuntas a bos xogadores e unha boa calidade de adestramentos, debemos tentar como mínimo o que se fixo en anos anteriores e a partir de aí benvido sexa”, resumiu.

Por último, e en base ao hashtag utilizado polo equipo nas redes sociais (Camiño a Segunda B), conclúe que o obxectivo é subir e que van ir a por iso.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Michel Alonso 🗣️ Valoración do técnico branquiazul trala derrota o UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O Compos cae no Vero Boquete contra o Langreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 0️⃣-1️⃣UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸COMPOS 🩵🤍0️⃣-0️⃣UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.