Hugo Sanmartín, calidade e gol para o ataque

Fichaxe-Hugo-Sanmartín-Twitter

  • Chega procedente do CD Arenteiro, co que marcou 14 tantos, e firma por un ano

Santiago de Compostela, a 1 de Xullo de 2019.

Hugo Sanmartín Delgado (07/11/1988) é a terceira cara nova para o camiño á Segunda División B da SD Compostela 2019/20. O futbolista vigués firma por un ano procedente do CD Arenteiro, conxunto co que marcou 14 goles nos case 3.000 minutos disputados.

Con Hugo, o Compos faise cun xogador de enorme calidade, moi habilidoso coa pelota, polivalente, xa que pode actuar nas catro posicións do ataque, e con moito gol, como o testemuña o seu rexistro no Carballiño. Ademais, achegará tamén experiencia ao plantel, pois será o seu sétimo curso na categoría, ao que engade outro na división de bronce do fútbol español.

Na súa carreira, o mediapunta disputou 149 encontros no grupo 1 da Terceira División, repartidos entre as súas etapas no Ciudad de Santiago, Arosa SC, CD Choco, CD Boiro e a última no CD Arenteiro. Entre todos eles asinou 54 dianas, destacando os seus datos co cadro de Redondela, no que anotou 16 e 21 tantos respectivamente, axudando ao equipo a que se clasificase consecutivamente a senllos playoffs de ascenso. Este rendemento abriulle no seu día as portas da Segunda B, fichando no verán do 2016 polo Coruxo FC. No seu único ano cos vigueses, participou en 26 duelos, logrando dous goles.

No que respecta a a súa última campaña, xogou 38 encontros oficiais, entre Copa Federación e Liga. Trinta e cinco deles foron na competición doméstica, trinta e tres como titular, sendo unha das pezas capitais para que o Arenteiro lograse de novo a permanencia. Os seus catorce tantos e numerosas asistencias facilitaron en gran medida o obxectivo do equipo.

Coa súa fichaxe, o plantel do Compos está conformado xa por catorce xogadores. Ata o momento deron o si quero ao proxecto branquiazul Álvaro Casas, Álvaro Naveira, Alberto Freire, Anxo Pérez, Brais Abelenda, Gabri Palmás, Hugo Sanmartín, Jorge Queiruga, Josiño, Mon, Roberto Baleato, Samu, Saro e Sergio Pereira.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado