Horarios da primeira da primeira volta da SD Compostela no Vero Boquete

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2021

Xa se coñecen os horarios dos partidos da SD Compostela no Estadio Verónica Boquete de toda a primeira volta. O club deu a coñecer o calendario deste primeiro tramo da tempada na noite de onte, logo de pechar a organización dos mesmos.

Este sábado, ás 18.00 horas, os nosos mediranse ao Bergantiños, na xornada 5. Dúas semanas despois, na 7, o rival será o Marino de Luanco, o domingo 17 de outubro ás 17.00 horas. Na xornada 9, ante a Gimnástica Segoviana, os nosos estrearán o horario matinal, o domingo 31 de outubro ás 12.00 horas. Na mesma hora, o domingo 14 de novembro, xornada 11, o rival será o Unión Adarve. Posteriormente, na 13, ante o Real Avilés, o horario será o sábado 27 de novembro ás 17.00 horas. Na 15, ante o UP Langreo, o encontro xogarase o domingo 12 de decembro ás 17.00. Por último, na 17, o Compos pechará a primeira volta ante o Salamanca CF UDS, o domingo 9 de xaneiro ás 17.00 horas.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado