Horarios confirmados para a segunda volta no Vero Boquete

  • O equipo regresará ao fortín o domingo 13 de febreiro ás 12.00 para medirse ao Leganés B

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2022

Do mesmo xeito que durante a primeira volta, polo ben de todos os afeccionados, tanto locais como visitantes, a SD Compostela pechou os horarios de todos os partidos que o equipo dispute no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro nesta segunda metade do campionato.

Tras confirmar a organización dos mesmos, predominará o horario clásico do domingo ás 17.00 horas, aínda que o equipo tamén xogará dous sábados e dúas mañás dominicais.

Deste xeito, por esta orde, o equipo regresará ao fortín, despois de dous partidos como visitante, o domingo 13 de febreiro, ás 12.00 horas, para enfrontarse ao CD Leganés B, na xornada 21. Quince días despois, o domingo 27 de febreiro, ás 17.00 horas, tocará un novo derbi, esta vez contra o CD Arenteiro (x.23).

Xa en marzo, o sábado 12, ás 17.00 horas, visitará o templo branquiazul a UD Llanera (x.25), mentres que o domingo 27, tamén ás 17.00 horas, vivirase o enfrontamento contra o Coruxo FC (x.27).

En abril, o domingo 10, ás 17.00 horas, o rival será o CDA Navalcarnero (x.29). Pola súa banda, o domingo 24 chegará un dos partidos máis agardados pola afección co derbi contra o Arousa SC (x.31), programado para as 12.00 horas.

Para rematar, xa en maio, o último encontro de Liga no Vero Boquete será o sábado 7, ás 18.00 horas, contra o UC Ceares (x.33).

A maiores dos citados partidos, aínda seguimos pendentes da Real Federación Española de Fútbol para coñecer o horario do duelo aprazado da xornada 17 contra o Salamanca CF UDS.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado