Guille Torres e Matías non continuarán na SD Compostela

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2022

Guille Torres e Matías Vesprini non permanecerán na SD Compostela a próxima tempada. Ambos centrais zurdos deixan o club tras defender a camiseta branquiazul durante dúas campañas, unha vez se tomou a decisión de non realizarlle oferta de renovación, nun caso, e terminar o período de cesión, no outro.

Guille Torres pechou na capital galega un periplo de dous cursos nos que disputou un total de 29 encontros, vinte e catro deles como titular. O mozo central demostrou unha gran madurez, carácter e crecemento na súa estadía no Compos.

Pola súa banda, Matías, despois da súa segunda tempada a préstamo na capital galega, regresa ao seu equipo de orixe, o CD Lugo, cunha bagaxe de 25 partidos xogados entre ambos anos, vinte e un deles saíndo de inicio, nos que alternou o centro da zaga co lateral.

A SD Compostela quere agradecer a ambos o seu traballo portando a camiseta branquiazul, desexándolles o maior dos éxitos para o seu futuro.

Moitas grazas, Guille e Matías!

Compartir en Redes Sociales

Relacionado