Gran imaxe do Compos no seu primeiro amigable estival

21 de Xullo de 2016

Cn1BZsIWgAI8XFH

  • O equipo de Yago Igrexas cae derrotado por 2-0 ante un Lugo que se adiantou no minuto 85.

Santiago de Compostela, ao 21 de xullo de 2016.

O novo proxecto da SD vai collendo cor. Con tan só dous adestramentos nas pernas,  o conxunto compostelán foi capaz de tutear a todo un Lugo, moito máis rodado na súa preparación e que viña de gañar ao Celta de Vigo, cinco días antes.

A formación de Yago Iglesias chegou onte á Fonsagrada coa intención de ir collendo ritmo de competición nas pernas e de que os xogadores se fosen adaptando aos seus novos compañeiros e roles dentro do equipo. Con todo, o resultado e a imaxe proxectada permiten sacar unhas conclusións mellores do que nun principio se podía esperar, tendo en conta os días de traballo e que todos os xogadores, excepto “Mon”, son novos no persoal.

Era o debut da escuadra de Yago Iglesias, polo que todos estaban expectantes a cal sería o primeiro once utilizado polo técnico ribeirense. Un once que estivo composto por Lucas en portería; defensa para Saro, Cardeñosa, Taboada, que foi o capitán, e o xuvenil Saúl; na medular Ube, Make, o xuvenil Alberto e Diego Rey; e en punta de ataque Mitogo e Juanin.

Con este equipo, a SD saíu ao campo para loitar contra un equipo de superior categoría, que impuxo a súa calidade no xogo, pero non no marcador. O conxunto de Luís César levou a voz cantante destes primeiros 45 minutos, pero sen apenas conseguir ocasións de perigo.

A máis clara chegou no minuto 20, cando Carlos Pita soltou un gran zurdazo desde fóra da área que pegou na escuadra da portería de Lucas Díaz. Foi a máis perigosa, e case a única, xa que o meta santiagués só se tivo que empregar noutros dous remates do dianteiro Mario Barco, que atallou sen problemas.

Pola súa banda, o Compos tivo a súa ocasión cun lanzamento de falta executado por Juanin, que atrapou o meta lucense Cacharrón. Un disparo que serviu para pechar o primeiro tempo.

Á saída dos vestiarios, e tal e como era de esperar, a SD saíu cun once totalmente renovado. Saíu Manu Cedrón para a portería; Pena, David Rey, que exerceu de capitán, Bellido e Cabrejo en defensa; Samu, Mon, Julián, Rubén, Martín no medio; e Santi Gegunde en punta.

Un carrusel de cambios que tamén realizou o Lugo, e que axudou a que o partido se abrise máis, existindo máis ocasións que na primeira parte.

A primeira tíñaa o Lugo nas botas de Carlos Hernández, cunha preciosa tesoira á saída dun córner que envío fóra. Con todo, non se amedrentou o Compos, quen guiados por Martín González, tiveron dúas aproximacións consecutivas.

No 19, o propio Martín remataba desviado tras un centro ao segundo pau. Mentres que no 27 outro remate da SD era detido de novo por Cacharrón.

Avisaba o Compos, pero reaccionou pronto o Lugo, cun dobre remate de Joselu que conseguiu sacar o xuvenil Becerra, que acababa de entrar ao campo substituíndo a Manu Cedrón.

Unha dobre oportunidade, que foi o preludio do gol lucense, ou máis ben dos goles, xa que ambos chegaron nun intervalo dun minuto.

O primeiro, no 41, obra do lateral esquerdo Manu, quen sorprendía ao porteiro santiagués, cun centro chut que se coaba polo segundo pau da meta de Becerra. E o segundo, no 42, despois de que Joselu regatease ao porteiro canteirán e marcase a porta baleira.

Dous goles que serviron para maquillar o resultado a favor do Lugo, pero que máis aló del, serve para sacar grandes conclusións para un Compos, que volverá aos adestramentos esta tarde, ás 19:00, no Campo de San Lázaro II, e que o domingo xogará ás 19:30, no campo de Camporrapado, o seu segundo amigable estival contra o Boiro, enmarcado dentro da terceira edición do Trofeo de Boqueixón.

FICHA TÉCNICA

2- CD Lugo

ONCE INICIAL: Cacharrón, M.Djaló, Pita, Campillo, Yelko Pino, Dealbert, M.Barco, Pedro, Keko, Asier e Pedrosa. Tamén xogaron: Leuko, C.Hernández, Igor M., Seoane, Manu, I.Miquel, Joselu, Iriome, Renda e Josito.

0- SD Compostela

ONCE INICIAL: Lucas, Saro, Cardeñosa, Taboada, Saúl; Ube, Make, Alberto, Diego Rey; Mitogo e Juanin. Tamén xogaron: Manu, Becerra, Peña, David Rey, Bellido, Cabrejo, Samu, Mon, Julián, Rubén, Martín, Santi, Nogueira e Óscar Boo.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.