Gran éxito no cuarto campus de verán da SD Compostela

28 de Xuño de 2019

Día 5 Campus 2

  • Os 80 inscritos gozaron das actividades programadas e as visitas diarias

Santiago de Compostela, a 27 de Xuño de 2019.

O cuarto campus de verán da SD Compostela pechouse esta tarde cunha gran última xornada lúdica. Os oitenta pequenos inscritos pasaron cinco días en grande nos que gozaron das actividades programadas no Campo Municipal das Cancelas, así como dos sorteos realizados e das visitas de diferentes personalidades.

Nesta última cita, os nenos e nenas tiveron unha mañá na que se bañaron nos inchables acuáticos, que fixeron as delicias de todos eles, e recibiron os diplomas que acreditan a súa participación. E pola tarde, visitaron o Estadio Vero Boquete de San Lázaro, da man de Ramón Castro, coñecendo os interiores do templo branquiazul e dos tesouros que garda no seu interior.

Ademais, xa fose na matinal ou despois da comida, fixéronse xogos de todo tipo, co obxectivo de que collesen recursos futbolísticos, pasáseno ben, coñecesen novos compañeiros e desenvolvesen os bos valores que rodean á práctica futbolística. Neste último aspecto, queremos agradecer o labor dos entrenadores, sempre atentos ás necesidades dos menores e coa iniciativa de que o pasasen o mellor posible.

A maiores, neste tempo, tamén tiveron lugar diversos sorteos de agasallos entre os participantes, levados a cabo durante a visita de diferentes personalidades. O luns foi Álvaro Casas, o martes Mon, o mércores o árbitro Óscar Martínez e o xoves o presidente Antonio Quinteiro.

Por último, agradecemos aos proxenitores que apostaron polo noso Campus, emprazándoos a que repitan o próximo curso. Do mesmo xeito, estendemos estas grandes palabras ás empresas colaboradoras, que axudaron unha vez nesta iniciativa. Mención especial para o Centro de Valorización Ambiental Vatop, patrocinador principal, pero así mesmo a Gadis, Sousas, Lambonadas, Armesa, Kia, Hale Shop, Errea, Bj Trainers, Laucreaciones, Lois Cervexaría (onde comeron tódolos días), Concello de Santiago, Deputación da Coruña e Gráficas Alonso.

Día 5 Campus 5

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA cada ABONADO maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN no Punto de Información do Centro Comercial As Cancelas ata o SÁBADO (ℹ️ Horario: 10.30-21.00)🩵🤍 Van xa máis de 200 INVITACIÓNS entregadas!!!💪 O domingo, gañamos entre todos!!!#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA cada ABONADO maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN no Punto de Información de @ascancelas ata o SÁBADO (ℹ️ Horario: 10.30-21.00)🩵🤍 Van xa máis de 200 INVITACIÓNS entregadas!!!💪 O domingo, gañamos entre todos!!!#ComposRealAvilésIndustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade, entidade patrocinadora do partidazo deste domingo contra o Real Avilés Industrial C.F., estivo presente esta mañá no adestramento dos nosos🙌 Unha visita especial, na que os animou para que acaden unha nova vitoria#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Manu Barreiro visitou o pasado venres aos nenos e nenas do CEIP de Arzúa🩵🤍 Un encontro, enmarcado nas actividades de promoción do deporte e dos valores do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, no que puido compartir a súa experiencia no mundo do fútbol🙌 Unha gran visita, na que tamén entregou invitacións para o partidazo decisivo ante o Real Avilés Industrial C.F.#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 UN DOMINGO PARA DALO TODO NO CAMPO E NA BANCADA🙌 Por cortesía do patrocinador, Galicia Calidade, cada abonado maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN (a partir de mañá) no Centro Comercial As Cancelasℹ️ A invitación pode recollerse, desde mañá martes e ata o sábado, das 10.30 ás 21.00 no Punto de Información🆚 Real Avilés Industrial C.F. 🗓️ 28.04.24⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete🫂 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Galicia Calidade 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/661f807a570bb914716190#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.