Gran debut da SD na Copa Deputación

4 de Agosto de 2016

20160803_195725

  • O conxunto santiagués gañou por 1 a 7 ao Lesende, cos goles de Taboada (2), Mitogo (2), Julián, Cabrejo e Juan Rey.

Santiago de Compostela, ao 4 de agosto de 2016.

Onte arrincaba de forma oficial o novo proxecto do Compos, e non puido facelo de mellor forma. O conxunto dirixido por Yago Iglesias esnaquizou por 1 a 7 ao Lesende CF, que aínda que se adiantou no marcador e aguantou o empate ata o descanso, na segunda claudicou ante un rival de superior categoría, que o superou tanto física como tecnicamente.

O partido, pertencente á terceira rolda da Copa Deputación, serviu para mostrar o primeiro once oficial do técnico ribeirense na pretemporada. Este estivo formado por un 4-1-4-1, con Lucas en porta; defensa para Saro, Cardeñosa, Taboada, que ademais era o capitán, e Cabrejo; Samu de pivote, Mon e Make por diante, pola dereita, Julián, pola esquerda, Mitogo; e en punta de lanza, Santi Gegunde.

Con estes once, o Compos comezou o encontro, un tanto desconcertado. Ao estar afeitos a un campo de herba natural, o ter que xogar nun de artificial afectoulles bastante nos primeiros compases do choque.

Así, tras unha ocasión clara de Julián, adiantábase o Lesende cun gran remate de Adri Sueiro, ante o que nada puido facer Lucas. Con todo, este gol serviu para espertar ao equipo santiagués, que rapidamente conseguiu o empate. Foi nunha gran xogada trenzada, na que o balón chegou á liña de fondo, Mitogo centrou raso ao segundo pau, controlou Julián e enchufouna cun tiro colocado ao pau esquerdo do porteiro.

Tras o empate a SD tivo algunha ocasión clara, pero non soubo materializar, polo que se chegou ao descanso co tanteo empatado.

Á saída dos vestiarios, o Compos meteu unha marcha máis e o Lesende comezou a sufrir, e moito. Tras tres ocasiones claras, o segundo gol chegaba tras unha xogada de estratexia no 53. Botaba a falta Cabrejo, devolvíanlla e o centro do lateral de 41 anos rematábao Taboada, aproveitando a saída en falso do porteiro.

Tres minutos máis tarde sería Mitogo, quen ampliou o marcado, con un sensacional dereitazo cruzado que se coou pola mismísima escuadra esquerda de Veni.

Xa co 1-3, Yago decidía realizar os primeiros cambios, entraban Juan Rey e David Rey por Mon e Julián, subindo, desta forma, Taboada ao dobre pivote. Con esta nova disposición chegaría o cuarto, obra de Cabrejo, que bateu a Veni cun sensacional golpeo de exterior.

E co cuarto, de novo dobre cambio, entraban Tomás e Bellido, por Make e Samu. Uns xogadores que nada máis saltar ao campo, viron como nun rápido contraataque, o balón chegaba a Juan Rey, que se estreaba como goleador, batendo por baixo ao meta local.

Este gol sacou definitivamente aos locais do encontro, xa que 30 segundos máis tarde cometían un penalti que transformaba o capitán Taboada.

Co sexto, o partido retardouse, pero aínda houbo tempo para ver outro gol máis, o segundo de Mitogo. Parede entre o extremo de Ponferrada e Santi Gegunde na banda dereita, e o ex do Barco pechaba a conta cun tiro cruzado moi ben axustado ao pau dereito de Veni.

Con este gol pechouse o partido, un encontro no que a SD referendou as boas sensacións mostradas ata o momento na pretemporada, clasificándose así para os oitavos de final da Copa Deputación, onde se verá as caras co Paiosaco, quen eliminou ao Noia na quenda de penaltis.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.