Gabri Palmás e Matías non continuarán na SD Compostela

  • O defensa volveu a Lugo trala súa cesión, mentres que o club decidiu non renovar ao atacante de Moaña
  • A entidade deséxalles a maior das sortes nas súas carreiras deportivas e agradécelles o seu traballo para o bo facer do equipo

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2021

Gabri Palmás e Matías Vesprini non continuarán na SD Compostela. O defensa arxentino volveu a Lugo tras culminar o ano de cesión en Santiago, mentres que o club decidiu non ofrecerlle a renovación ao atacante de Moaña. A entidade deséxalles a ambos a maior das sortes nas súas carreiras deportivas, á vez que lles agradece o seu traballo e contribución ao bo facer do equipo.

No que respecta a Gabri Palmás, o extremo de Moaña despídese do equipo da capital galega tras dúas campañas, nas que disputou 49 partidos oficiais, anotando seis goles. Ademais, Gabri estreouse co Compos na Segunda División B, tras ser partícipe do ascenso no Playoff Exprés disputado no Estadio Abanca Balaídos, unha fase, precisamente, na que firmou un dos seus tantos como compostelanista.

Pola súa banda, Matías Vesprini, que chegou cedido ao Compos o pasado mes de setembro, procedente do CD Lugo, pechou o seu curto periplo en Compostela con sete encontros disputados coa camiseta branquiazul, seis deles coma titular. O mozo xogador, que actuou coma central ou lateral esquerdo, viviu así o seu debut na división de bronce do fútbol nacional.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado