“Formar parte do ascenso do Compos sería a mellor maneira de pechar o meu ciclo de xuvenil”

21 de Xuño de 2020
lex Díaz Adestramento 1
Álex Díaz nun adestramento de preparación do playoff exprés.
  • Álex Díaz valora a experiencia que está a coller á beira dun porteiro como Pato

Santiago de Compostela, a 21 de Xuño de 2020.

Despois de lograr o ascenso a Liga Nacional co Xuvenil A, Álex Díaz ten a oportunidade de pechar o seu ciclo nas categorías basee da SD Compostela participando no playoff exprés para subir a Segunda B. O capitán do xuvenil ve este reto como unha oportunidade incrible para seguir mellorando, aprendendo dun porteiro como Pato, do que lle gustaría poder seguir os seus pasos.

En primeiro lugar, como levas esta volta aos adestramentos despois de tantos meses parado?

A verdade é que bastante ben, porque durante a corentena estivemos a adestrar por vídeo chamada tres veces á semana. E a maiores, facía adestramentos pola miña conta.

Que supón para ti estar a adestrar de novo co primeiro equipo para preparar o posible ascenso?

Pois agradécese unha chea que conten comigo para esta etapa da tempada e é unha moi boa experiencia o poder gozar dun mes máis de competición.

Como varían os adestramentos e a actitude dun día de semana de Liga a un de Playoff?

Pois, queiras que non, a motivación extra que supón un ascenso a Segunda División B nótase unha chea. A intensidade e a esixencia que hai nos adestramentos é algo que vexo positivo para poder mellorar.

 Que che pide o corpo técnico nos adestramentos?

Que dea a miña mellor versión de min e que, sobre todo, non retarde tanto o xogo (risas).

Para un canteirán, como ves a posibilidade de participar na loita polo ascenso e nun campo de Primeira División como Balaídos?

A verdade, é algo que aínda non me creo. O poder pisar un campo como ese, no que estiveron e están xogadores dese nivel, é algo incrible. E se xa se puidese celebrar un ascenso, sería algo único e incrible.

Veste debutando coa branquiazul en partido oficial?

Pois oxalá, a verdade, pero aínda quedan uns anos e hai que ir aos poucos.

Despois de lograr, como capitán, o ascenso co Xuvenil A, conseguilo co primeiro equipo sería o broche perfecto a unha tempada idílica, a túa última como xuvenil?

Se xa é incrible o poder ascender ao xuvenil, o poder dicir que formei parte do ascenso do Compos á Segunda B sería algo que se mo chegan a dicir a principio de tempada non mo creo, a verdade. Sería a mellor maneira de pechar o meu ciclo de xuvenil.

A nivel persoal, como te definirías como porteiro?

(Risas). A verdade é que non me gusta nada ter que definirme, creo que non me podo definir desde un punto de vista adecuado, pero se o tivese que facer sería como un porteiro que creo que destaca baixo os paus.

Que é o que máis che recalca Pablo Castro nos adestramentos?

Que bloque todo o que poida e deixe de adornarme tanto (risas).

Por último, que destacas de Pato e que ensinanzas tentas sacar dun porteiro con tanta experiencia?

O que máis destacaría del é a axilidade que ten baixo os paus e o golpeo de balón, que na miña opinión é dos mellores da liga. É todo un privilexio o poder adestrar todos os días e poder fixarme en alguén que leva tantos anos neste tipo de categorías e poder aprender tanto del. Oxalá algún día poida seguir os seus pasos.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🎥 Rolda de prensa de Miguel Fernández, xerente da SD Compostela, para informar sobre a situación do club ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Michel Alonso 🗣️ Valoración do técnico branquiazul trala derrota o UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
O Compos cae no Vero Boquete contra o Langreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 0️⃣-1️⃣UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.