“Fomentamos e apoiamos o deporte xuvenil”

Alevín C da SD Compostela esta tempada, patrocinada por Míguez Cutrín.
  • Miguez Cutrín, patrocinador do Alevín C, destaca o seu compromiso co fútbol basee

Santiago de Compostela, a 10 de Xullo de 2020.

Especialista no aluguer, montaxe e venda de andamio europeo, a empresa compostelá Míguez Cutrín é unha das maiores defensoras do deporte base local. Así, no seu destacado compromiso polo deporte xuvenil da cidade e da comarca, patrocina ao Alevín C da SD Compostela desde fai un par de tempadas. Da man do seu propietario, Manuel Míguez, seguirán apoiando unha tempada máis aos pequenos branquiazuis.

En primeiro lugar, Manuel, en que sector está especializada a empresa Míguez Cutrín?

Míguez Cutrín está especializada no aluguer, montaxe e venda de andamio europeo.

En que edificios galegos emblemáticos traballaron ou están a traballar?

Temos unha longa traxectoria en todo tipo de edificios emblemáticos como a catedral de Santiago, a Cidade da Cultura, o hospital de Vigo, o aeroporto de Santiago, San Martiño Pinario, a sede do Real Club Celta en Vigo, a Virxe da Roca, o Mosteiro de Melón, o Mosteiro de  Armenteira, a ponte medieval de Ourense, o Castelo de Tovar ou a Catedral de Mondoñedo, entre outros.

Adáptanse a calquera tipo de obra?

Adaptámonos a calquera tipo de obra, desde obra nova, a rehabilitación, solucións de acceso singulares…

Como lle afectou ao sector das obras a situación de pandemia mundial?

En canto ao volume de traballo, non se notou moito, pero si que hai moito cambio en canto á xestión e procedementos de traballo, para adaptalos á situación actual.

E agora, como afrontan os próximos meses?

Con ganas e ilusión de seguir traballando a pesar das adversidades.

Pasando ao plano deportivo, sempre apostaron polas categorías base do fútbol. Que obxectivos buscan?

Fomentar e apoiar o deporte xuvenil.

Que importancia ten apoiar ao fútbol base de Santiago e comarca?

É a nosa casa e por tanto preferimos apoiar aos nosos veciños.

Como patrocinador do Alevín, manterá un ano máis a súa relación coa SD Compostela?

Si, por suposto, mentres podamos, seguiremos.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado