Fiz Rodríguez será o segundo de Rodri Veiga

  • O técnico lucense traballará de xeito conxunto co novo adestrador branquiazul
  • A campaña pasada desempeñaba a función de analista dentro do corpo técnico

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2021.

Fiz Rodríguez Carballo será o segundo adestrador da SD Compostela a próxima tempada 2021/22. O técnico da Pastoriza (Lugo), que desenrolaba o curso pasado o labor de analista, pasará a ser a man dereita de Rodri Veiga no banco branquiazul.

Coa incorporación de Fiz ao corpo técnico, Rodri suma ao seu staff a un adestrador que coñece ben o proxecto do Compos, xa que foi escalando nos diferentes estamentos do club. Chegou ao Compos no 2018 para adestrar na base, comezando no Xuvenil B. Á campaña seguinte, fíxose cargo do Zona Vella, filial branquiazul, e o curso pasado pasou a ser o analista do corpo técnico que comandaba Yago Iglesias.

Do mesmo xeito, no seu periplo na entidade, Fiz demostrou ser un home de club, unha persoa predisposta a axudar sempre no que fixese falta, uns valores que casan á perfección co proxecto compostelanista.

A maiores, Fiz conta con experiencia en bancos de Terceira División e Preferente Norte. Estivo ligado ás categorías inferiores do Club Deportivo Lugo e dirixiu á SD Sarriana, UD Pastoricense e Ribadeo FC, conxunto co que debutou en Terceira e co que logrou un meritorios sétimo e cuarto lugar nos seus dous cursos na Preferente Norte.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado