Fin ao soño copeiro, pero coa cabeza moi alta

12 de Setembro de 2018
Once inicial do Compos no Camp d’Esports. Foto: Santi Iglesias.
Once inicial do Compos no Camp d’Esports. Foto: Santi Iglesias.
  • A SD Compostela foi superior ao Lleida Esportiu pero caeu eliminado polo tanto de Juanto Ortuño.

Santiago de Compostela, a 12 de Setembro de 2018.

O soño da Copa do Rey para a SD Compostela terminouse no Camp d’Esports, na segunda rolda do torneo do KO. O equipo branquiazul foi superior aos localais, pero faltoulles sorte en ataque, e en defensa, xa que o Lleida Esportiu marcou o tanto do triunfo na súa única chegada. Juanto Ortuño foi o goleador ilerdense nunha noite que deixa grandes sensacións na familia santiaguesa.

Avisaba Yago Iglesias na previa que a SD Compostela tentaría, se era posible, levar a batuta do xogo no Camp d’Esports, a pesar da entidade do rival. Así, tras uns primeiros minutos de tenteo, os nosos comezaron a merodear a área local a través da posesión do balón. Varias entradas de Brais Abelenda por banda, que acabaron en senllos córneres, certificaban a gran imaxe branquiazul.

Con todo, cando mellor estaban os nosos, chegou o tanto local. Leto subiu por banda e puxo ao balón ao corazón da área para que Juanto Ortuño, impóndose por arriba, rematase picado de cabeza ao fondo da rede.

Pese ao golpe, o conxunto santiagués reaccionou rápido e a punto estivo de igualar antes do descanso. Primeiro, Brais Abelenda, tras regatear a dous rivais, perdeu a oportunidade no último momento coa chegada doutro defensa e, despois, nun córner, Miki rematou de cabeza arriba por moi pouco.

Á saída dos vestiarios, o Compos saíu máis realzado, confiado de que era posible e avisou rápido nun novo cabezazo de Brais Abelenda, a centro de Miki, que chapou Pau Torres ou nun centro chute de Miki que atrapou o porteiro en dous tempos.

Chegaron os cambios, pero a dinámica seguiu sendo a mesma. Os nosos seguían sendo superiores e fóronse en busca do empate, unha igualada que se rozou no minuto 88. Marcos Remeseiro centrou raso ao bordo da área, Josiño virouse e soltou un gran disparo abaixo que despexou Pau Torres cunha estirada incrible.

O soño do Compostela se esfumouse nesa parada, pero os branquiazuis acabaron coa cabeza moi alta. A pesar da entidade do rival, o Compos foi netamente superior e só encaixou na única oportunidade local. Os nosos despídense da Copa do Rey deixando unha gran imaxe e cunha experiencia que servirá para o que resta do campionato. Toca xa pensar no importante partido do domingo contra o Club Silva SD.

FICHA TÉCNICA:

1- Lleida Esportiu: Pau Torres; Leto, Calavera, César Soriano, Joan Oriol; Trilles, Albistegui; Quintero (Alpha, m.46), Artiles (Musa, m.70), Fernando Cano; e Juanto Ortuño (Pedro Martín, m.63).

0- SD Compostela: Anxo Pérez; Saro, Álvaro Casas, David Uña, Sergio Pereira; Ube (Naveira, m.79), Marcos Remeseiro; Miki, Josiño, Brais Abelenda (Santi, m.57); e Aythami (Mon, m.75).

Goles: 1-0: Juanto Ortuño, min.39.

Árbitro: Balges Dones, colexio aragonés. Amoestou a Calavera, Artiles e Trilles, polos locais; e a Ube e David Uña, polos visitantes.

Incidencias: Partido da segunda rolda da Copa do Rey disputado no Camp d’Esports ante 700 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

26 minutes ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA do técnico compostelanista antes do partidazo decisivo deste domingo, ás 12.00 no Vero Boquete, ante o Real Avilés Industrial C.F. ⚽️ O técnico só se centra en conseguir o triunfo o domingo#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario o noso gran ©️, Álvaro Casas 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Álvaro! Que veñan acompañados de moitos éxitos e celebralos xuntos sobre o verde! 🙌📸 Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA cada ABONADO maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN no Punto de Información do Centro Comercial As Cancelas ata o SÁBADO (ℹ️ Horario: 10.30-21.00)🩵🤍 Van xa máis de 200 INVITACIÓNS entregadas!!!💪 O domingo, gañamos entre todos!!!#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA cada ABONADO maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN no Punto de Información de @ascancelas ata o SÁBADO (ℹ️ Horario: 10.30-21.00)🩵🤍 Van xa máis de 200 INVITACIÓNS entregadas!!!💪 O domingo, gañamos entre todos!!!#ComposRealAvilésIndustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade, entidade patrocinadora do partidazo deste domingo contra o Real Avilés Industrial C.F., estivo presente esta mañá no adestramento dos nosos🙌 Unha visita especial, na que os animou para que acaden unha nova vitoria#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.