Festa final de liga no Vero Boquete

10 de Maio de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/x9wYSPUvoVU” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • A SD Compostela despide o campionato ante o Somozas homenaxeando á canteira

Santiago de Compostela, a 10 de Maio de 2019.

Co obxectivo cumprido, a SD Compostela despide este domingo a liga no Vero Boquete ante o Somozas, pensando xa nas eliminatorias da promoción de ascenso. Os branquiazuis, que aproveitarán a cita para homenaxear aos seus equipos da base, recibindo o título ligueiro o Cadete A, queren volver á senda da vitoria ante o seu público e acabar con boas sensacións.

“Ata o último día queremos gañar sempre. É a mellor maneira de chegar ao playoff, con boas sensacións, reflectíndose cos tres puntos o que fagamos sobre o campo”, explicou Yago Iglesias na rolda de prensa.

Neste mesmo sentido, expresouse Alberto Freire, quen se atopa cada día mellor desde a súa recuperación da pubalxia, polo que agarda coller ritmo de competición nestas últimas citas. “Sempre é importante seguir gañando para chegar coas mellores sensacións posibles e por iso centrarémonos en coller ritmo”, comentou.

O que está claro é que o equipo se ve preparado para a segunda parte da competición, como así o mostraron no último duelo. “Contamos con moitos rexistros, a un nivel moi alto todos eles e penso que o encontro de Ribadumia veunos moi ben, porque levabamos tempo sen gañar fóra, por asegurar o terceiro posto e pola maneira de logralos”, analizou o técnico, quen destacou a capacidade do equipo para defenderse sen balón cando quedaron con dez.

A maiores, o corpo técnico aproveitará este tramo para rotar aos seus xogadores, recuperando a Samu para a causa tras varios meses fóra. “Tendo dúas semanas de antelación, danos tempo para prepararnos mental e fisicamente. Os máis cargados descansarán e terán minutos os que tiveron lesións, co obxectivo de que cheguen todos con boas sensacións”, remarcou o adestrador.

Os que finalmente sexan da partida, para lograr o reto marcado, deberán superar a un Somozas que chega en apertos na táboa, pero que xa superou aos nosos na primeira volta. “Era un equipo chamado a estar máis arriba a principio de tempada, con grandes nomes como Gerardo ou Gonzalo, pero que se meteu en problemas polo que virán a xogar unha final”, detallou.

Por ese motivo, Yago apela a estar á altura das circunstancias, facendo vibrar á afección que se achegue ao fortín branquiazul. Que o que comece como unha festa, acabe da mesma maneira, despedindo a liga na casa da mellor maneira posible.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.