Fabiano: “Teremos que estar ao 200% para sacar algo positivo de Lugo”

14 de Outubro de 2022
  • Os nosos queren volver sumar os tres puntos nun novo derbi galego

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2022

A SD Compostela volve viaxar este domingo para disputar un novo derbi. Os nosos, tras mellorar a súa imaxe nas últimas semanas, mediranse ao filial do Lugo coa premisa de continuar coas boas sensacións e volver á senda da vitoria. Fabiano espera un equipo igual de competitivo que os últimos partidos e que estea ao 200% para superar a un rival duro.

Estado do plantel. Estamos a ter algúns problemas, pero esta semana recuperamos a Elliot e estamos contentos. Non vou estar chorando polos que non están. Son bos xogadores, pero os que están a xogar tamén. Cantos máis para elixir, mellor, pero se non poden, estou contento igual.

Fichaxe de Iván Martín. Un xogador adestrando só é unha cousa e en grupo vese que é outra. A priori véxoo difícil para que chegue este domingo, pero falarei con el e a ver se está. O que vexo é que está baixo de forma, pero teremos conversación con el para decidir.

Portería a cero. Levo tempo dándolle voltas á cabeza para ter un equipo máis competitivo. Contra o líder, un equipo difícil, competimos ben e fomos competitivos. Despois, xogar con liña de catro ou cinco é igual, porque o importante é que temos que ser competitivos. Estou a poñer aos xogadores que máis transpiran para darlle unha forza extra ao equipo e encaixando aos poucos as pezas. Os que queiran entrar, terán que ser igual de competitivos ou máis dos que están a xogar agora.

Recuperar a Jordan. Jordan traballou ben, é un xogador diferente, é o cerebro, ten calidade para mover ao equipo e filtra bos pases, polo que me gusta moito. Aínda así, Fer tamén está a xogar nesa posición e estao facendo tamén ben. En todo caso, Jordan é un xogador diferente e é mellor telo no noso lado que no contrario.

Dúbida no once. Esta semana adestramos con liña de catro con Fer e Jordan no once, pero tamén con liña de cinco alternando cun ou outro. Esta noite decidirei, porque mañá darei as pinceladas finais para o partido do domingo. Será así, con liña de catro e eles dous ou con liña de cinco e un deles acompañando a Darío.

Lugo B. Gústame a súa proposta de xogo, porque presiona alto, obriga a rifar o balón ao rival e gústame. Ademais, ten xogadores desequilibrantes que forman un moi bo equipo. Estamos a iniciar o campionato, pero a súa idea é moi boa e teremos que estar ao 200% para sacar algo positivo de alí.

Diferenzas co Guijuelo. É un equipo que presiona moi ben aos rivais e xa vimos nos vídeos que conseguen moitos roubos en campo contrario e despois son verticais. Temos que estar a tope para conseguir dobregar a un rival con bos futbolistas e boa proposta de xogo.

Contrarrestar o seu xogo. Todo o mundo ten as súas debilidades. Teremos que explotalas, pero a verdade é que é un equipo que dá gusto velo xogar, polo que será difícil. En todo caso, estamos adestrados para os que nos imos a enfrontar, espero neutralizalos e contrarrestar o seu xogo para conseguir a vitoria.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.