Fabiano: “Temos equipo para mandar nos partidos e espero conseguilo”

1 de Setembro de 2022

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2022

A SD Compostela inicia este sábado a súa nova andaina na Segunda RFEF, con Fabiano á fronte. Os nosos enfrontaranse no Requexón, ás 16.30 horas, ao Real Oviedo Vetusta, co obxectivo de comezar a liga con bo pé.

Será a estrea en liga do adestrador brasileiro, ídolo do club, quen regresou á súa casa co obxectivo de devolver ao Compos a cotas máis altas. Esta mañá, en sala de prensa, pasou revista á pretempada e ao comezo ligueiro.

Estado do plantel. Esta semana atopámonos con varios problemas que non contabamos, pero imos traballar para sacar un once competitivo e empezar ben a liga. Infelizmente non podemos contar con todos, pero faremos un bo equipo. Temos a Cano tocado; a Jordan, que igual pode xogar un pouco; Pablo Antas, Allyson, que tamén tivo algún problema; e Fer Beltrán, tamén con certas molestias; pero espero poder recuperar polo menos dous para xogar polo menos media hora, que fará falta.

Coller o ritmo. Cada semana chegou unha fichaxe e chegaron en distinto punto físico. Xogadores que levaban un mes parados, outros con adestrador persoal, pero non é o mesmo, e o certo é que necesitamos tempo, pasar unhas xornadas para que entren en forma e que nos dean as súas calidades. Imos ter problemas no inicio, pero estou contento co traballo e espero que funcionen tan ben como nos adestramentos, pronto.

Un equipo dominador. É un plantel xusto para unha liga tan competitiva, pero confío neles, en ser un bo equipo, con xente competitiva e que nos dea garantías de sumar os puntos. Temos equipo para mandar no partido, quizais non para presionar tan arriba como me gustaría, pero con calidade suficiente para mandar nos partidos e espero conseguilo.

Oviedo Vetusta. Analizamos imaxes do ano pasado, porque é o mesmo adestrador, mesmo modelo de xogo e imaxínome que seguirán unha liña continuista. Tamén vimos algún amigable, pero o importante somos nós e que demostremos a nosa camiseta, a nosa forza e o nome do Compostela.

Modelo de xogo do Compos. O modelo de xogo adáptase aos xogadores que temos. Vimos que Crespo non estaba nos primeiros partidos e por características era mellor con tres. Agora descubrimos a un rapaz do filial que achega calidade e competitividade ao plantel, polo que é unha posibilidade cambiar a catro outra vez. A priori xogaremos de tres, dependendo dos xogadores que teñamos e en función da recuperación dos futbolistas tocados.

Presenza en área rival. O partido de Arenteiro foi brusco, violento e as características que temos é de xogadores que tratan ben o balón, pero necesitamos mellorar sen balón. Coa calidade que temos podemos facer moito dano ao contrario, polo que hai que axustar as pezas.

Darío. Darío é un mozo que escoita moi ben, que ten unha habilidade moi boa e que ten gol, que é o importante. Está a crecer e afacéndose ao sistema e aos seus compañeiros, estou moi contento con el e oxalá as expectativas se convertan en puntos e goles. Creo que é un xogador diferente, contra o Arenteiro iniciou a xogada do gol, marcou tamén noutros partidos, estamos contentos e agradecido de que o club o trouxese.

Sensación antes de empezar a liga. Teño unha sensación boa. O que queremos é competir, demostrar que o traballo está a dar resultado e loitar por tres puntos. Nos amigables mestúranse equipos e non son reais. Na liga a xente vai de verdade, os nervios antes do partido, a adrenalina, a tensión… estou contento, é unha semana na que imos cun equipo forte e estamos contentos de iniciar a tempada para demostrar que temos condicións para estar nun equipo como o Compos.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA cada ABONADO maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN no Punto de Información do Centro Comercial As Cancelas ata o SÁBADO (ℹ️ Horario: 10.30-21.00)🩵🤍 Van xa máis de 200 INVITACIÓNS entregadas!!!💪 O domingo, gañamos entre todos!!!#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA cada ABONADO maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN no Punto de Información de @ascancelas ata o SÁBADO (ℹ️ Horario: 10.30-21.00)🩵🤍 Van xa máis de 200 INVITACIÓNS entregadas!!!💪 O domingo, gañamos entre todos!!!#ComposRealAvilésIndustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade, entidade patrocinadora do partidazo deste domingo contra o Real Avilés Industrial C.F., estivo presente esta mañá no adestramento dos nosos🙌 Unha visita especial, na que os animou para que acaden unha nova vitoria#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Manu Barreiro visitou o pasado venres aos nenos e nenas do CEIP de Arzúa🩵🤍 Un encontro, enmarcado nas actividades de promoción do deporte e dos valores do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, no que puido compartir a súa experiencia no mundo do fútbol🙌 Unha gran visita, na que tamén entregou invitacións para o partidazo decisivo ante o Real Avilés Industrial C.F.#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 UN DOMINGO PARA DALO TODO NO CAMPO E NA BANCADA🙌 Por cortesía do patrocinador, Galicia Calidade, cada abonado maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN (a partir de mañá) no Centro Comercial As Cancelasℹ️ A invitación pode recollerse, desde mañá martes e ata o sábado, das 10.30 ás 21.00 no Punto de Información🆚 Real Avilés Industrial C.F. 🗓️ 28.04.24⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete🫂 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Galicia Calidade 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/661f807a570bb914716190#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.