Fabiano: “Se estamos nun bo día, podemos competir ben e superalos”

3 de Febreiro de 2023
  • O técnico branquiazul espera recuperar as boas sensacións de final de ano e conseguir a primeira vitoria da segunda volta

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2023

A SD Compostela buscará este domingo, ás 19.00 horas, no Vero Boquete de San Lázaro, a primeira vitoria da segunda volta. Os nosos, tras unhas semanas sen conseguir os tres puntos, esperan facelo no derbi contra o Ourense. Para iso, Fabiano confía en recuperar as boas sensacións de final de ano, cun equipo competitivo, con fame e moi sólido no seu feudo, alentados tamén desde a bancada pola parroquia branquiazul.

Estado do plantel. Jordan adestrou toda a semana, pero temos que analizalo mañá. Allyson ten unha molestia e veremos se adestra mañá. Darío tamén ten molestias e decidiremos mañá se vai ao partido. Jordan, Darío e Allyson son dúbidas para a convocatoria e, se van, para facer un once. A priori, foi unha semana boa e estou contento.

Participación das dúbidas. Das tres dubidas, algún penso en poñelo, pero non o farei se non están a tope. Téñoo claro, pero terei que esperar a mañá para ver que tal están e decidir. Normalmente, téñoo claro e se non xoga un farao outro. O importante é que salgamos un equipo forte para enfrontarnos a un rival complicado.

Jaime Santos. Jaime está a adestrar ben. Loxicamente, está un pouco máis baixo que o resto, dóelle todo, pero está a adestrar ben, está a mellorar e estame gustando. Merece ir convocado e ter minutos, a ver se son quen de darllos. Está a adestrar ben e facendo todo para entrar no ritmo competitivo dos compañeiros.

Últimos resultados. Se miras os problemas que tivemos para improvisar en certas posicións, as sensacións son positivas, porque empataches dúas veces e a semana pasada tivemos seis ocasións de gol, pero non metemos nin unha. Estamos a tirar con improvisacións, pero, neste momento da tempada, o balón non está a entrar. Todo está a ir ben, polo que estou contento. É unha mala xeira que queremos acabar este domingo.

Mercado de fichaxes. Tiven unha reunión cos directivos, prometeron reforzos, se non chegaron foi porque non os atoparon ou porque creron que non achegarían. Para vir, había que achegar. O club buscou a Jaime, el está a achegar. O importante é enfocarnos nos que están aquí, que estean todos sans para que eu decida o mellor once e o club sume os puntos para estar arriba e subir.

O chip dos xogadores. Estou a espremer á xente que está a xogar, porque son xente que está a ser competitiva con balón e sen balón. Outros están a entrar porque teñen molestias ou levan tempo parados, collendo aos poucos o ritmo de xogo, porque son xogadores importantes. E outros teñen que cambiar o chip, eu non regalo nada. Se son competitivos con e sen balón, fenomenal; se só o son con balón, aquí no Compostela non van xogar. Hai xente que está a traballar para conseguir iso, estou contento e en canto mo demostren, terán os minutos e, cando entren, terán que achegar. Non vale de nada adestrar ben e non achegar no partido. Depende dun mesmo.

Plantel de garantía. Había posicións que non estaban ben cubertas, porque se se lesiona algún podemos ter problemas e ter que improvisar, pero temos un plantel que nos pode dar garantías, se ten fame, para chegar arriba e loitar polo ascenso. Pensar agora polos que poderían vir, non nos dá nada. Traballar co que temos, que son bos futbolistas. Os que aínda non me convenceron, que cambien o chip; e os outros, que sigan a full para render nun equipo que é histórico e que quere estar arriba.

No Compostela, as derrotas doen. O Compostela non é un equipo calquera, ten que estar arriba e todos demostrar que poden xogar. Por exemplo, o outro día, perdemos contra o último e ten que doer, porque se non doe, non podes estar aquí, tes que estar noutro equipo. Traballamos, melloramos, pero entramos a medio gas, despois fomos a full e moi ben, pero ten que doer a derrota. Se doe, fenomenal, senón non aprendemos nada. Iso é o que quero do equipo, a maioría está a entendelo e estou contento.

Ourense CF. É un equipo que xoga mellor fóra que na casa. É un equipo moi ben organizado, complicado para calquera, pero creo que, se estamos nun bo día, podemos competir contra eles ben e superalos. É un partido moi complicado, virán súper motivados, son moi complicados fóra da casa e ben adestrados. É un partido para entrar a full e a ver se somos quen de superalos.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍🆚 CD Guijuelo 🗓️ 31.03.24⏰ 16.30🏟️ Estadio Vero Boquete🦶 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Clínica &AKT🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/65fbfc0a7af46553833537#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.