Fabiano: “Foi unha semana boa de adestramentos e espero que o domingo fagamos un bo partido e nos levemos os tres puntos”

  • O Compos afronta o primeiro derbi da tempada contra o Ourense no Couto

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2022

A SD Compostela, tras sumar o primeiro triunfo da campaña, quere proseguir coa súa boa dinámica este domingo, no Couto, contra o Ourense. Será o primeiro derbi da tempada, un partido difícil, pero ao que os nosos chegan con plena confianza, preparados con varios plans para o estado do terreo de xogo.

Estado do plantel. Pablo Antas, segue con molestias e non poderá ser da partida; Mario Constenla, non irá ao partido porque levou un golpe nas costas; Allyson, tampouco estará; e Martín, temos que ver, porque coa morte da avoa estivo fóra, non anda a tope e decidiremos mañá se vén ou non. Pola súa banda, Jordan leva algúns problemas no adestramento, pero espero contar con el, porque é un xogador importante e cantos máis minutos teña nas súas pernas, mellor para nós.

O Couto. Estiven fai quince días, o campo estaba bastante mal. Houbo dous partidos a fin de semana pasada, polo que estará peor aínda. Temos un Plan A e un Plan B e unha vez alí, tras ver o campo, decidiremos cal poñemos en práctica para tentar gañar os tres puntos. Imos coa idea de tentar gañar os tres puntos e a ver se somos quen.

Defensa de catro ou cinco. Con Crespo podemos xogar de cinco, é viable, pero dependerá do plan, en función de como estea o campo. Reunirémonos o staff técnico unha vez alí, pero os xogadores saben como queremos que xoguen cuns efectivos ou outros, polo que non é escusa. Imos con ambas maneiras de xogar coa intención de gañar, aínda que será un partido difícil, máis polo estado do campo.

Primeira vitoria. Cando gañas sacas unha mochila de atrás. Os adestramentos foron mellores, a xente vai asimilando os conceptos, os automatismos de atrás non se perderon e a cousa vai fluíndo. Foi unha boa semana de adestramentos e espero que corresponda no domingo, cun bo partido e conseguir os tres puntos.

Enfrontamento contra o Ourense. O Compostela é un equipo grande da categoría pola súa historia, e eles necesitan gañar. É un equipo moi ben adestrado, iniciaron mal o campionato, pero contra o Raio Cantabria apertáronlle ao final e foi complicado sacar os puntos de alí, e domingo non será diferente. Analizamos como xogan, o que temos que mellorar e espero poñelo en práctica o domingo para poder superar a un rival complicado, principalmente polo campo e a maneira na que xogan, pero confío nos meus xogadores e oxalá que consigamos os tres puntos.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado