Fabiano: “Faremos un equipo moi forte e coa axuda da nosa afección podemos superar a un líder sólido”

6 de Outubro de 2022
  • A SD Compostela mídese ao líder, no Vero Boquete, coa intención de recuperar a senda da vitoria en casa

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2022

Tralo gran resultado conseguido en Zamora, a SD Compostela quere trasladar esas boas sensacións ao Vero Boquete. O último partido na casa, ante o Langreo, non acabou como se desexaba, polo que Fabiano espera un cambio de actitude diante da afección. Para iso, tocará superar a un duro óso, o Guijuelo, que chegará a Santiago como líder da categoría, sen perder un partido e sen encaixar gol.

Estado do plantel. Perdemos a Allyson, Jordan aínda non adestrou, polo que non sei se contarei con el e oxalá que non caia ninguén máis. Son tantas baixas que tes que facer un equipo competitivo sempre, aínda que ás veces é complicado. Non chorarei as baixas, a xente que se asegure de que non inventaremos nada, poñeremos aos xogadores onde creo que deben xogar, pero nunca en contra do xogador. Os xogadores que saen sempre xogarán nunha posición que coñecen, formando o once mellor posible para superar ao líder.

Estado de Jordan. Jordan o domingo xa tivo molestias antes do partido no isquio, xogou, tivo que saír, pero esta semana segue coas molestias e aínda non puido adestrar. Non sabemos se chegará, se estará para media hora ou se xogará. Estou enfocado no equipo que terei para xogar o domingo e os lesionados veremos como evolucionan para se poden saír desde o banco ou de inicio.

Cambios expostos. A priori tivo que recibilo ben porque gañamos. O outro día non tiñamos extremos, puxen a Roque nunha posición que me gusta que xogue, o mesmo con Álvaro. Fixemos un equipo con máis respiración no centro do campo e con imaxinación adiante e por fóra, o equipo funcionou e estou feliz. En todo caso, Casas xa xogara no centro do campo, con Roque tamén probaramos con el nesa posición, e gustoume. Fixemos un equipo máis competitivo e xuntando a Antas, coa súa calidade e o seu saber estar, con Jordan, Darío e a xente por fóra o equipo presionou, marcou tres goles, mesmo puido ser algo máis, e estou contento. En todo caso, agora será outro partido e xa veremos o que facemos.

Darlle unha alegría á afección. A priori seguiremos nesa liña, pero xogamos na casa, a nosa afección démoslle un desgusto grande fai quince días e temos que revertelo en alegría, para que cada día veña máis xente a San Lázaro. Queremos darlle unha volta, que non caia ninguén máis e a ver se recuperamos a Jordan, para despois definir un equipo de catro ou de cinco defensas.

O Guijuelo. O saber estar do equipo, está moi ben organizado, con liñas xuntas e xogadores que interpretan á perfección o que o adestrador quere. Será un partido de paciencia, pero estou seguro que en San Lázaro, polo menos, levarán un gol en contra. Estamos a traballar para iso, analizamos os seus partidos e polo que estamos a traballar e co nivel que están a demostrar os xogadores, a ver se nos serve para dobregar un líder sólido e moi complicado de meterlle man.

Un rival distinto. É un equipo que cando perde o balón está moi xunto, cunha atención moi grande para dificultar a organización ofensiva do contrario. Será un partido de paciencia, no que esperamos que a afección nos axude, como sempre, e xa estamos a inculcar aos xogadores que será un partido de paciencia, pero nalgúns puntos podemos meterlles man e teremos que explotalos para perforar a súa portería.

Recuperación dos tocados. Mario Constenla empezou con dor de costas, despois tivo un problema de nocello e o outro día caeulle un peso no pé, polo que está a ter mala sorte. Hoxe adestrou, cun pouco de dor, despois de moitos días, e a ver se chega ao partido. Mario Rodríguez, imposible. E Elliot, empezou a trotar, pero aínda non chega para este partido. Encima, perdes a Allyson, que estaba a adestrar ben e recuperado da lesión, e agora podes perder a Jordan, pero non vou estar chorando por eles. Estou seguro que faremos un equipo moi forte este domingo e coa axuda da nosa afección podemos superar a un líder sólido.

Adaptar o ataque. Parapar tentou adestrar onte, pero non foi quen, polo que nada. Cano leva arrastrando molestias estas semanas, entrou un pouco o domingo e segue recuperándose dunha lesión que ten, aínda que está bastante mellor e veremos se pode estar para todo o partido. Teño dúbidas, podemos xogar con dous dianteiros, pero imos esperar e oxalá que non caia ninguén máis, aínda que o importante é que con quen salga, a través das mensaxes que reciben cos vídeos que lles pasamos, a ver se somos quen de meterlle algún gol que nos dea a vitoria.

Os canteiráns. Estou contento con eles. É importante que adestren connosco, algúns poden dous días, outros máis, e é importante para que collan o ritmo e os conceptos. Evidentemente non poden tirar do carro, porque teñen que ser outros, pero todo o que poidan achegar, estou contento. Outro día Roi debutou e moveuse moi ben, puido mesmo meter un gol se Cano lla cedese. Estou contento coa súa achega. Kike está a render ben, Ozores entrou e tamén e Huguito fixo o penalti, pero tamén creou ocasións de gol fai quince días. Non están para xogar noventa minutos, pero seguro que deica pouco o poderán facer.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.