Fabiano: “Espero que o equipo responda como o está facendo”

  • A SD Compostela buscará na casa, ante o Real Avilés, o seu cuarto triunfo seguido

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2022

A SD Compostela marchouse ao parón ligueiro con boas sensacións e volveu del da mesma maneira. Este gran momento permite ao equipo encadear tres triunfos seguidos, unha xeira que tentará prolongar este domingo, na casa, ante o Real Avilés Industrial. Fabiano espera seguir observando esa melloría e volver sumar de tres diante da afección.

Baixas. Estamos todos ben, Martín non puido adestrar hoxe por vómitos, pero espero que poida estar. A priori son só esas dúas baixas por sanción. Gustaríame contar con todos, pero os que entren son da miña confianza e estou contento.

O Real Avilés. É un equipo que se nota que fixo grandes fichaxes, ten bos xogadores e gustoume moito na súa análise. Temos que afacernos a gañar, perder doe moito e estou encima deles para que ninguén se relaxe. A pesar das baixas, os que entren teñen a miña confianza e se consigamos manter a orde e a intensidade, será complicado de gañarnos.

Cambios no once. Son dous xogadores que viñan xogando antes, que por circunstancias non estaban e son da miña confianza. Despois manteremos o bloque para ver se superamos a un rival tamén complicado.

Potencial do rival. Destaco ao seu bloque, porque ten moi bos futbolistas para esta categoría en todas as liñas do campo, complicados cando teñen o balón. A pesar das súas individualidades, destaco o seu bloque porque é o que fai gañar ou perder partidos.

Esquema de xogo. Tentaremos mover o menos posible a dinámica e estrutura do equipo. Loxicamente, serán outros futbolistas, con outras características e buscaremos o mellor de cada un. Teñen a miña confianza, gústanme como futbolistas e a estrutura seguirá igual. Espero que o equipo responda como o vén facendo.

Plan do Avilés. Someteranos a presión e con balón teremos que estar ben organizados, porque teñen moita calidade e unha técnica moi boa. Sabemos o que hai, coñecemos tamén as súas debilidades e tentaremos explotalas para tentar superar a outro rival complicado. Espero que o consigamos.

O xogo sen balón no Espiñedo. Soubemos ler o partido. Era un rival que cometía moitas faltas, que xogaba do teu erro, que quería transitar e soubemos darlle pausa ao partido, arrefrialo e cando atacabamos faciámolo con perigo. Foi un bo máster que fixemos alí. Temos que seguir e non relaxarnos, porque é un proceso longo e ten que valer para toda a liga. Temos que seguir demostrando que somos quen de xogar con e sen balón, porque temos moita calidade e da gusto vernos, pero sen el non podemos facilitarlle as cousas ao rival.

 

Compartir en Redes Sociales

Relacionado