Fabiano: “A ver se coa axuda da xente podemos quedar cos puntos, que sería fenomenal”

9 de Decembro de 2022
  • A SD Compostela quere lograr a sexta vitoria seguida na despedida do 2022 na casa

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2022

A SD Compostela despídese do 2022 como local, este domingo, ante o Valladolid Promesas. No Vero Boquete, diante da afección, os nosos queren prolongar o seu bo momento e conseguir a sexta vitoria consecutiva, un reto que lle axude a continuar en postos de playoff. Para o partidazo ante o filial valisoletano, Fabiano espera que o equipo prolongue o seu bo momento e que asista moita xente para apoialos.

Estado do plantel. Darío estivo entre algodóns toda a semana, é dúbida para o domingo, pero espero recuperalo. Iván tivo tamén un contratempo hoxe, podería ser un problema, pero somos un grupo. Se non está será un problema para min, pero a xente que poida entrar confío neles e faremos un equipo forte para corresponder o nome do Compostela.

Adaptación do equipo ao estilo. Principalmente, sen balón. Algúns axustes con balón houbo, pero principalmente a agresividade está a ser outra, temos que mellorar, pero estamos nunha liña ascendente que fai crer que o equipo pode subir un pouco máis no seu rendemento nos partidos. Estou contento, pero podemos mellorar. Que a xente siga confiando nos xogadores, porque nos poden levar a cotas máis altas. Iso espero este domingo para superar a un rival complicado.

O Valladolid Promesas. É un equipo moi ofensivo, ás veces xoga con dous dianteiros outras cun, calidade ten dabondo e gústame moito, pero tamén me gusta o meu. Será un partido bonito de ver e oxalá caia do noso lado.

Asuntos extradeportivos. A semana pasada a directiva chamounos e díxonos o que había. Eu íllome no meu mundo e penso só no equipo. Manu e Sergio coméntanme o que sae, pero téntome illar e pídolle aos xogadores que tamén o fagan, que se concentren no partido para non despistarse e non ter desgustos. Se están concentrados e enfocados nos partidos, pódennos dar moito. Temos que pasar do ruído de fóra.

Tipo de partido a buscar. Interésanos un partido no que esteamos acertados nas ocasións que teñamos e eles non. Será complicado, porque son moi ofensivos e nós tamén, polo que espero un partido aberto e a ver se somos quen de acertar as nosas oportunidades de gol, e que eles non o fagan. Será complicado, pero toca explotar os seus puntos débiles e que non se aproveiten de erros nosos en desaxustes. Será un partido moi forte, para ambos, e a ver se coa axuda da xente podemos quedar cos puntos, que sería fenomenal.

Ataques do rival. É un equipo moi vertical, que mira sempre para portería e o certo é que é complicado de xogarlle. Tentaremos neutralizar os seus puntos fortes, pero é un rival máis vertical que de xogo combinativo.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.