Escudero non seguirá na SD Compostela

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2022

Rodrigo Escudero non continuará na SD Compostela a próxima tempada, despois de que non aceptase a proposta de renovación do club. O extremo de Simancas despídese do Compos tras unha campaña.

Escudero, fichado o pasado verán desde o Zamora, callou un gran ano na capital galega, sendo un dos referentes do ataque branquiazul. Coa camiseta compostelanista, disputou trinta partidos de liga, vinte e cinco deles como titular, nos que marcou sete goles e repartiu un par de asistencias.

A SD Compostela quere agradecerlle o seu traballo, dedicación e esforzo durante a súa etapa no club, desexándolles o maior dos éxitos para o seu futuro.

Moitas grazas, Escudero!

Compartir en Redes Sociales

Relacionado