Encontro para asinar o playoff

13 de Abril de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/HbN2P0oprtQ” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos quere tres puntos que o manteñan con vantaxe no liderado.

Santiago de Compostela, ao 13 de abril de 2018.

A SD Compostela viaxará este domingo ao San Lázaro de Noia cun obxectivo claro, certificar o playoff. Para iso, os branquiazuis terán que superar ao equipo local nun encontro que, a pesar das diferenzas na clasificación, presúmese moi igualado.

O Noia CF é un conxunto que xa lle puxo as cousas moi complicadas aos nosos tanto en Copa Deputación, na que superou aos santiagueses por 1-0, como no partido da primeira volta, nun partido que acabou con vitoria do Compos por 3-2.

Por iso,  Yago Iglesias, que este domingo verá o encontro desde a bancada tras a expulsión ante o Alondras, e o seu corpo técnico saben que teñen que saltar ao campo cos cinco sentidos postos. “Temos que ser o equipo que xogaba fóra antes de contra o Areas, xa que nas últimas tres saídas empezamos perdendo, cando antes non nos facían gol. A nosa proposta baséase no rigor defensivo e despois do que vimos este ano contra o Noia sabemos que temos que entrar con máxima concentración e que non nos marquen”, analizou o técnico en rolda de prensa.

O adestrador branquiazul explicou que o conxunto noiense, trala chegada de Pose, cambiou o seu estilo de xogo, sendo agora “un equipo máis forte en defensa e que realizou unhas fichaxes con experiencia na categoría que se completou ao que xa tiñan, con xogadores como Dani Conde, Pajarillo, Jon, Hugo ou Ferreiro”.

Estes futbolistas, sumado a que serán un equipo que xoga sen presión, faralles xogar dunha maneira máis solta, comentou Yago, xa que por nome e clasificación somos favoritos. É por isto que o técnico marca unha tripla esixencia nos partidos que quedan ata o final: “Superar a uns rivais que sairán ao 200 % por enfrontarse ao líder, os cales se están xogando á súa vez cousas importantes e, por último, a responsabilidade de defender a primeira posición”.

Por todo iso, “o equipo poñerá toda a carne no asador por quedar primeiro”, dixo Yago, e este domingo non será menos. Así, o obxectivo esta semana é confirmar matematicamente o playoff. “Sería o primeiro éxito da tempada a falta de cinco xornadas”, engadiu.

Co reto claro de sumar os tres puntos e confiando no seu corpo técnico, do que di que son todos un, o equipo sairá a por todas en Noia. Desexan seguir mantendo a vantaxe e, coa axuda do público que se desprace, buscarán superar este primeiro reto.

CONVOCATORIA

Lucas, Lorenzo; Saro, Cardeñosa, David Uña, Álvaro Casas, Naveira; Mon, Samu, Tomás, Alberto, Álex Ares, Róber; Sobrido, Santi e Primo.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.