Empate do Xuvenil A para seguir coa súa xeira de imbatibilidade

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2022

A xornada de Fútbol-11 para os equipos da base da SD Compostela non deixou, sen dúbida, os mellores resultados do ano. Tan só se puido rescatar un empate como noticia positiva da fin de semana.

Xuvenil A

O Xuvenil A do Compos mantivo a súa xeira de imbatibilidade, e xa van once xornadas seguidas sen perder, tras empatar 1-1 contra o Lugo en Santa Isabel. O empate no derbi permítelle, ademais, manterse invicto como local no que vai de tempada.

En todo caso, no segundo partido desta segunda volta, os nosos acabaron o encontro coa sensación de deixar escapar dous puntos. Tras adiantarse ao comezo cun tanto de Hugo Matos e levar o peso da contenda durante boa parte do mesmo, o triunfo escapouse no 83.

Sigüeiro FC

Non puido manter a súa boa dinámica o filial compostelanista que, nesta ocasión e tras moitas xornadas, caeu derrotado. Os nosos perderon por 3-0 contra o Boimorto, nun duelo no que a mellor noticia foi o regreso aos terreos de xogo de Juan Caneda despois dun transplante de medula. No que se refire á clasificación, marcha terceiro, aínda que con dous partidos menos que o segundo.

SD Compostela B

O filial branquiazul perdeu a condición de líder, aínda que foi debido a que non puido xogar o seu encontro por casos de covid. Aínda así, está a dous puntos do Trazo e cun partido menos.

Cadete A

Tras non poder xogar a semana anterior, o Cadete A regresou á competición con derrota contra un rival directo. Os branquiazuis tentárono, pero acabaron caendo por 2-1 contra o Arousa. Santi Louzao, de penalti, anotou o tanto compostelanista.

O resto da xornada entre os equipos de fútbol 11 deixou os seguintes resultados e así marchan as súas respectivas clasificacións.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado