Empate do Xuvenil A contra un grande e cuarto triunfo seguido do filial

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2021

A xornada na base da SD Compostela deixounos grandes resultados nos principais equipos, destacando a actuación do xuvenil de División de Honra e do filial.

Xuvenil A

Por cuarta semana consecutiva, o Xuvenil A sumou nesta complicada competición que está a disputar. Fíxoo, e de que forma, xa que empatou 2-2, merecendo ganar, contra todo un Racing de Santander, un dos grandes da categoría e que chegaba a Santiago como terceiro clasificado.

Os branquiazuis, que aínda non perderon coma locais, adiantáronse por dúas veces no marcador, cos tantos de Hugo Matos, no 35, e Xoel Caamaño, no 80, pero os cántabros lograron o empate en ambas ocasións nos últimos minutos de cada metade.

Agora, manténdose na metade da táboa, o Compos visitará a outro equipo de Cantabria, o Club Bansander, este domingo.

Sigüeiro FC

O filial da SD Compostela acadou a súa cuarta vitoria consecutiva en Preferente, o que lle permite estar nos postos altos da clasificación, tras superar por 2-1 ao Laracha.

Os nosos adiantáronse no marcador ben cedo, mercé a un tanto en propia porta dos visitantes. Con todo, os coruñeses lograron o empate cun golazo, pero, rapidamente, Diego Fuentes devolveu a vantaxe para os locais, que ao final serviría para levar os tres puntos.

SD Compostela B

O Zona Vella, tras un mala xeira de dúas derrotas, volveu á senda da vitoria tras superar por 2-0 ao Atlético Fátima, colocándose deste modo na segunda posición, a un punto do líder. Martín Caeiro, no 34, e Pablo Otero, no 90, certificaron o triunfo dos nosos.

Cadete A

Por último, o Cadete A non tivo tanta sorte e, por primeira vez na tempada, non puido sumar xogando como local. Nesta ocasión, os nosos caeron por 1-2 contra o Areosa, un rival directo pola salvación. Lucas Novo, na segunda metade, anotou o gol branquiazul, pero foi insuficiente para equilibrar a vantaxe inicial dos visitantes.

 

O resto da xornada en Fútbol 11 deixounos os seguintes resultados e así marchan as súas respectivas clasificacións:

Compartir en Redes Sociales

Relacionado