Duro reto para manter o fortín

27 de Novembro de 2020
  • A SD Compostela buscará a súa segunda vitoria da tempada ante o líder

Santiago de Compostela, a 27 de Novembro de 2020.

A fortaleza da SD Compostela no Vero Boquete de San Lázaro verase mañá ameaza por todo un transatlántico da categoría, o Pontevedra. O actual líder da liga visitará o fortín branquiazul sen coñecer aínda a derrota, a cal buscarán os nosos que lles chegue neste gran derbi, alcanzando así tamén o seu segundo triunfo da tempada.

Baixas. En principio, só imos ter a baixa de Hugo, que empezou a trotar e a facer algo de traballo, pero que aínda non está para ter minutos. En cambio, Primo e Samu adestraron toda a semana e están ao cento por cento.

O mellor rival ata a data? A clasificación así o di e é que é un equipo que aínda non coñece a derrota. Xa antes de comezar a liga, todos o daban como candidato a estar no máis alto e para min, no cómputo xeral, é dos conxuntos máis complicados. Defende moi ben, ten experiencia e ten moita ambición polo propio club, xa que leva aspirando a cambiar de categoría durante moito tempo e creo que este ano fixeron unha aposta forte pola concepción do plantel e así o está demostrando a clasificación.

Forma de contrarrestalos. A forma de meterlles man é tentar ser mellores que eles ao longo dos noventa minutos. Dentro desa idea, creo que o Compostela terá que facer moitas cousas ben e estar moi ben nos momentos con e sen balón.

Potencial do Pontevedra. É un rival que é moi vertical, que busca moi rápido a portería rival, que ten xogadores de medio campo cara a adiante non só con moito gol, que tamén, con Charles e Rufo, senón con calidade, rápidos e veteranos. Creo que o Compos terá que dar un paso adiante, queremos ser un mellor equipo dentro da categoría semana a semana, atopando cada vez a mellor versión e esta fin de semana o partido vai esixir dar ese nivel e imos ver se o que levamos traballo entre semana, xunto ao que nós somos, se reflicte cos tres puntos.

Verticalidade do rival. Hai que ter moi en conta que é un equipo moi vertical, que busca moi rápido a portería rival, que teñen moi claro ao que xogan e que van con intención. Na medida na que lles é posible, o balón está na túa área, polo que imos ter que dar un nivel moi alto para que non sexa así. Se ao longo do partido, o balón está máis tempo en campo rival ou no medio campo, será que o Compostela está a facer ben as cousas, porque a todos os rivais aos que se enfrontou o Pontevedra púxolles en moitos apuros, e as estatísticas así o din, porque son dos que máis porcentaxe de pases teñen en campo rival e de chegada á área contraria.

Claves para o partido. Sempre traballamos e expomos os partidos para conseguir os tres puntos. Temos claro cal é o noso camiño e queremos ser ese equipo, sobre todo na casa, de ter o control dos tempos e ser quen de impoñer a nosa idea de xogo. Sempre hai matices, variando en función do que temos diante ou o momento no que esteamos, pero a idea é ser mellor equipo cada semana e que iso se traduza nos tres puntos, que é o fundamental.

A posesión. Se nós somos capaces de ter a posesión, indirectamente, estamos a protexernos. Unha das claves será conseguir ver o Compostela recoñecible de sempre.

Os derbis seguidos. Para nós, presión cero. É un premio poder xogar contra todos estes equipos (Pontevedra, Racing, Celta B), que levan anos pelexando nesta categoría e nesta ocasión tócanos un histórico. É moi bonito chegar a esta categoría despois de tanto tempo e competir como o estamos facendo, recibindo a un gran equipo e a un gran club como é o Pontevedra.

A clasificación. É unha liga moi corta que che esixe estar ao cento por cento cada partido e non che permite relaxarte. Agora mesmo, está todo nun ou dous puntos, pero vernos nesa posición e, sobre todo, coas sensacións que mostra o equipo no terreo de xogo, fainos ser optimistas, dános calma e permítenos traballar tranquilamente ao longo da semana.

Aspectos fundamentais mañá. Creoque temos moito andado e coa nosa identidade, coa nosa idea de xogo e coa nosa confianza na casa podemos dar un pasiño cara adiante respecto ao Pontevedra. Pero todo parte por ser moi humildes, saber onde estamos, os rivais aos que nos estamos enfrontando e saber que recibimos ao xusto líder. O que máis nos gusta do noso equipo é que todos imos a unha e todos sabemos o que temos que facer.

Forma de traballar na semana. Ao longo da semana traballamos igual que unha normal, nese aspecto, non vemos a clasificación. Queremos competir cada vez mellor e para nós é todo un privilexio enfrontarnos ao primeiro clasificado e, sobre todo, na nosa casa, un punto de apoio moi importante para nós e máis esta semana, na que teremos aos primeiros afeccionados. É o primeiro partido na casa con público e contra o líder, polo que mañá ten que ser un día especial e témolo que demostrar no campo.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 UN DOMINGO PARA DALO TODO NO CAMPO E NA BANCADA🙌 Por cortesía do patrocinador, Galicia Calidade, cada abonado maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN (a partir de mañá) no Centro Comercial As Cancelasℹ️ A invitación pode recollerse, desde mañá martes e ata o sábado, das 10.30 ás 21.00 no Punto de Información🆚 Real Avilés Industrial C.F. 🗓️ 28.04.24⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete🫂 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Galicia Calidade 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/661f807a570bb914716190#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Os nosos descansan hoxe para centrarse, dende mañá, no partido decisivo deste domingo contra o Real Avilés Industrial C.F.!💪 Un único obxectivo 👉GAÑAR #composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💪 Vitoria necesaria e merecida para os nosos en Oviedo, 0️⃣-1️⃣👐 O tanto de @davidgrande9 permítelle ao Compos seguir loitando polo playoff📸 @realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAALReal Oviedo Vetusta0⃣-1️⃣COMPOS 💛🖤⚽️ David Grande 💪 SÓ VALÍA GAÑAR E GAÑOUSE! PARTIDO MOI SERIO DOS NOSOS QUE SUMAN OS TRES PUNTOS CON TODO MERECEMENTO! 🙌 VOLVEMOS GAÑAR COMO VISITANTES!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸Real Oviedo Vetusta0️⃣-0️⃣COMPOS 💛🖤👉 Dominio no xogo dos nosos, pero sen conseguir grandes oportunidades. Toca seguir intentándoo!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.