Dúas novas incorporacións para o novoproxecto da SD

Alberto Lamas “Make”. Fuente: lapreferente.com

Alberto Lamas Verdes “Make” e José Manuel Rodríguez Casais “Cardeñosa” son oficialmente a cuarta e quinta fichaxe do conxunto dirixido por Yago Iglesias para a tempada 2016-17. Dous xogadores que chegan ao conxunto compostelán cunha gran traxectoria baixo o brazo no primeiro grupo da terceira división española.

“Make” é un mediocentro de 25 anos procedente do Rácing Vilalvés, co que xogou as últimas seis tempadas, despois de abandonar as categorías inferiores do Lugo no 2010. Co conxunto de Vilalba, o curso pasado disputou 36 encontros coma titular, perdéndose tan so un por acumulación de cartóns, mentres que saíu de suplente no último choque de Liga contra o Arousa, cando o equipo xa non se xogaba nada. Neses 37 partidos xogados, o centrocampista de Lugo anotou seis goles, unha cifra moi boa para un xogador que ocupa a súa posición.  

Pola súa banda, “Cardeñosa”, de 29 anos, é un defensa central que provén do Arousa CF, co que disputou a tempada pasada 25 encontros, 22 deles saíndo de inicio. Unha cifra que se viu afectada pola lesión no ombreiro que lle fixo perder o inicio da competición. Anteriormente, xogou cinco cursos no CD Boiro, catro deles sendo o capitán do equipo.

Con estas dúas incorporacións, o Compos segue conformando o plantel para o novo curso. Un proxecto que nas próximas horas contará con máis caras novas, xa que tanto Yago Iglesias como a comisión deportiva están traballando arreo para atopar os xogadores axeitados e que desexan, canto antes.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado