Dous xogadores de banda para a SD

5 de Xullo de 2016
Juan Rey, esta semana no Campus de Verán da SD.
Juan Rey, esta semana no Campus de Verán da SD.

Santiago de Compostela, a 5 de Xullo de 2016.

A SD Compostela pechou esta mañá a incorporación de dous novos xogadores. Juan Bautista Rey, procedente do xuvenil da SD de Liga Nacional, e Martín González Rodríguez, que militou o curso pasado no CCD Cerceda, son as dúas caras novas do conxunto que dirixirá Yago Iglesias para esta nova tempada.

Martín González (08/11/1991) é un extremo de 24 anos que pode actuar por ambas bandas. Xogador nado en Santiago de Compostela, Martín regresa ao club co que debutou en profesionais para cumprir a súa quinta tempada en terceira división.

Co Compos disputou dúas temporadas, sendo partícipe dos seus dous ascensos consecutivos. No curso do ascenso a segunda división B, con tan só 20 anos, disputou 22 partidos anotando catro goles.

Posteriormente foise ao Ordes, onde xogou 37 encontros nos que marcou dez goles, cifras que o levaron a un dos galos da categoría no verán do 2014, o Cerceda. Alí, cumpriu dúas tempadas nas que participou en 68 encontros, 43 deles de titular, anotando dez goles.

Pola súa banda, Juan Bautista Rey (06/04/1997) é un interior dereito procedente das categorías inferiores do equipo. Recentemente terminada a súa etapa como xuvenil, Juan Rey ascende ao primeiro equipo, co que xa disputou o curso pasado catro encontros.

Na súa última tempada, o xogador de 19 anos participou en 28 encontros, todos eles como titular, anotando 21 dianas, converténdose así no segundo máximo goleador da categoría e sendo o estandarte dun xuvenil que rematou a liga en cuarta posición, con 60 puntos.

Con estas dúas novas incorporacións, son xa once os xogadores que conforman o primeiro plantel da SD Compostela para o novo curso, unha cifra que aumentará nas próximas horas.

 

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.