Domingo de reencontros en San Lázaro

14 de Setembro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/gH5urRXzqNM” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos volve ao seu fortín para continuar coas boas sensacións na liga

Santiago de Compostela, a 14 de Setembro de 2018.

A SD Compostela, tras o seu gran periplo pola Copa do Rey, volve á súa competición familiar e faio cun esperado regreso ao seu fortín. Despois de tres encontros lonxe da casa, os branquiazuis queren seguir co seu inicio inmaculado do campionato ligueiro, no que suman nove puntos de nove posibles, superando ao Club Silva SD en San Lázaro co agarimo da súa afección.

Os eloxios recibidos durante estes días tanto en redes sociais como nos medios de comunicación non fan máis que incrementar a confianza do equipo nun proxecto que cumpre a súa terceira tempada. “O como é moi importante porque ten consecuencias e así pasou o ano pasado, cando logramos o campionato e estivemos a un paso do ascenso. Non é moi normal que a xente che encomie no deporte cando perdes e iso fainos ver que imos polo bo camiño”, explicou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Respecto dese partido, no que xogadores tocados como Naveira e Santi puideron descansar, o técnico valorouno como moi positivo polo seu cómputo xeral. “Ás veces a pelota entra e outras non. Xogamos contra un rival de categoría superior, o que implica xerar menos perigo, pero aínda así tivemos moitas e non quixeron entrar”, e engadiu: “Fixémolo cos menos habituais, con xogadores como Anxo e Josiño que tiveron menos minutos neste inicio, polo que vemos que as nosas ideas funcionan e ao futbolista tamén lle axuda para coller confianza”.  

Ademais, estas sensacións tan boas únense á motivación por ser os actuais campións e polo resultado na Copa Deputación. Con todo, o adestrador é prudente e relatou que, a pesar de que darán moita guerra para repetir o do ano pasado, “os favoritos son o Racing de Ferrol, que ten xogadores doutra categoría, e o Bergantiños”.

Para estar a loitar ata o final é importante ir dando pasos e este domingo haberá un novo chanzo no camiño coa chegada do Silva. “Está claro que a baixa de Cañi é moi importante para eles, pero a pesar de non empezar tan ben como o ano pasado, seguen sendo un conxunto moi correúdo, compacto e que nos poñerá as cousas moi complicadas”, argumentou o técnico.

Será un partido “moi similar ao de Alondras, xa que son moi competitivos e acabarán estando arriba”, polo que o Compos volverá rotar para atopar aos máis capacitados para o estilo de partido que prevé o corpo técnico. Neses cambios non entrará un Álex Ares co que non se quere arriscar.

Por último, Yago fixo un chamamento á afección e agarda darlles unha nova alegría xa que saben que San Lázaro ten que ser o seu fortín. “É moi importante para nós para acabar entre os catro primeiros. Estes días houbo moito movemento, tras pasar unha eliminatoria de Copa tras moitos anos, e se queren darlle un agarimo ao equipo estamos encantados”, concluíu.

Con ese apoio incondicional da nosa afección e o esforzo dun equipo entregado polas cores que visten, o obxectivo será seguir cun inicio ligueiro imparable nun domingo de reencontros. O plantel e a afección teñen ganas de atoparse.

REY_2985

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.