Do 1 ao 14 de agosto, o calendario en base á Copa Diputación

29 de Xullo de 2016

Santiago de Compostela, a 29 de Xullo de 2016.

Esta fin de semana a SD Compostela xogará o Triangular de Praíña e o domingo descansará pero, o plantel xa coñece cal será o seu traballo para os próximos quince días, un plan de traballo no que influirá moito a disputa da Copa Deputación da Coruña.

O club comezará a semana con dous  días nos que se adestrará en sesión vespertina, como vén sendo habitual estes días. O mércores xogará o partido de Copa Deputación pertencente á terceira rolda. O seu rival sairá do encontro que enfronta este domingo ao Lesende Lousame e ao Corme.

Os dous seguintes días, xoves e venres, volverán os adestramentos, contando co sábado como xornada de descanso. O domingo, se o Compos supera a súa eliminatoria, xogará a cuarta rolda de Copa Deputación. En caso de non superala, contarían con xornada de descanso.

O luns 8, se hai partido o domingo será xornada de descanso. En caso contrario, habería adestramento en xornada vespertina. Martes repetiríase o adestramento e o mércores, haberá ben adestramento, ben enfrontamento de cuartos de final de Copa Deputación, se gañasen a eliminatoria de 4ª rolda, en caso de disputala.

Na xornada do xoves haberá descanso, o venres adestramento ás 19:00, e o fin de semana, en principio libre, aínda que está suxeito a cambios pola disputa de Copa Deputación ou ben por se xorde algún partido amigable.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.