Descarga a app de Bonos Activa Comercio e desfruta de descontos na Tenda do Compos

  • A campaña da Xunta, que se activa o 3 de maio, busca reactivar o comercio local
  • Os clientes da Tenda terán 5€ de desconto por compras superiores a 30€ e de 10€ para as de máis de 50€

Santiago de Compostela, a 29 de Abril de 2021.

A partir deste próximo luns 3 de maio, todas aquelas persoas que estean dadas de alta na app Bonos Activa Comercio, un programa da Dirección Xeral do Comercio da Xunta de Galicia, poderán desfrutar de importantes descontos polas compras realizadas na Tenda Oficial da SD Compostela, na rúa da Raíña, 8.

Grazas a esta campaña, os clientes da nosa tenda que mostren a aplicación no seu teléfono móbil contarán cun desconto directo de 5 euros por compras superiores a 30 euros e de 10 euros por compras superiores a 50 euros.

Os Bonos Activa Comercio estarán activos dende o próximo 3 de maio de 2021 e durante tres meses, cun presuposto de dez millóns de euros, que porá en circulación a Xunta para favorecer a compra nos comercios locais neste tempo de pandemia.

Ademais, para recibir información detallada, no establecemento haberá dípticos explicativos da campaña, así como un identificativo na porta para visualizar que o comercio está adherido á mesma. Do mesmo xeito, os interesados poderán xeolocalizar a Tenda do Compos a través da propia app.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado