Derrota pola mínima ante o Racing de Ferrol

Once inicial da SD Compostela en Viveiro.

  • A SD Compostela xogou dende o minuto 35 cun xogador menos pola expulsión de Primo

Santiago de Compostela, 16 de agosto de 2021

A SD Compostela caeu pola mínima, 0-1, contra o Racing Club de Ferrol no seu terceiro amigable de pretempada. Os branquiazuis disputaron un gran encontro en Viveiro, a pesar de xogar dende o minuto 35 cun xogador menos pola expulsión de Primo, competindo de ti a ti cun dos conxuntos máis potentes da Primeira RFEF.

O derbi, disputado no Estadio Municipal de Cantarrana, celebrouse dentro do XLIII Trofeo Cidade de Viveiro, que se acabou levando o conxunto departamental co solitario tanto de Luís Chacón aos poucos minutos de iniciar a segunda metade. No duelo, a mellor ocasión para os branquiazuis tívoa Pablo Antas, na primeira parte, cun lanzamento de falta que se estrelou no pau.

Ademais, no amigable, Rodri Veiga puido seguir coas súas probas de cara ao comezo da tempada, previsto para o próximo 5 de setembro.

Xogaron de inicio: Pato, Rafa Mella, Álvaro Casas, Guille Torres, Roque; Pablo Antas, Jordan, Fer Beltrán; Pablo Durán, Salado e Primo. Tamén xogaron: Borja Rey, Joel, Izan, Mario, Samu, Alfonso, Josiño e Yago.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado